O Ganapán pon a máscara de Entroido para cinco días continuados de actividades

Entre as actividades, que comezarán o sábado 18, a rapazada terá tamén a oportunidade de confeccionar complementos para agregar aos seus disfraces
Máscara de Entroido. PIXABAY
photo_camera Máscara de Entroido. PIXABAY

Chega o Entroido a Pontevedra e O Ganapán presenta unha programación especial con motivo desta festividade. A iniciativa da concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, prolongarase durante cinco días nos que a rapazada de entre 4 e 10 anos poderá divertirse elaborando os doces máis característicos desta época do ano. Ademais, como é habitual neste programa de lecer infantil, á marxe de cociñar deliciosas receitas, os nenos e nenas participantes elaborarán diversos xoguetes, orientados nesta ocasión á temática do Entroido.

  1. Sábado 18 de febreiro
  2. Domingo 19 de febreiro
  3. Luns 20 de febreiro
  4. Martes 21 de febreiro
  5. Mércores 22 de febreiro

Sábado 18 de febreiro

O sábado 18 de febreiro O Ganapán dará o pistoletazo de saída con nada máis e nada menos que cunhas filloas de leite con chocolate e sombreiros e paxariñas de paiaso, para inaugurar como se merece un Entroido que regresa ao completo tras dúas edicións marcadas polas restricións.

Domingo 19 de febreiro

A segunda quenda, o domigo 19, estará protagonizada pola tradicional bica branca e por un taller de confección de perrucas divertidas, para seguir rindo e desfrutando como se merece nesta época de retranca e alegría.

Luns 20 de febreiro

Para os que aínda sigan con ganas de festa, a terceira xornada do Ganapán, o luns 20, traerá consigo unha receita que chega dende o lugar onde máis se vive o entroido do planeta, Brasil. Trátase dos bolos formigueiros, que xunto coa elaboración de coroas de flores, levarán aos nosos nenos e nenas a teletransportarse ao trópico para disfrutar do Carnaval como eles o fan.

Martes 21 de febreiro

No penúltimo día, o 21 de febreiro, os meniños surcarán os mares cunha máscara de pirata, para levar por todo mundo a incrible torta de larpeira tradicional galega que aprenderán a facer.

Mércores 22 de febreiro

E por último, para pechar por todo o alto esta programación especial, que mellor que con outra proposta gastronómica de Entroido: as rosquillas de anís. Paralelamente, elaborarán un antiface de extraterrestre, recollendo os últimos vestixios da pasada etapa deste divertidísimo evento infantil.

Programación do Entroido 2023 do Ganapán
Programación do Entroido 2023 do Ganapán

"Non esquezades inscribir aos pequenos que desexen participar a través de email [email protected], indicando as posibles alerxias e intolerancias que teñan", subliña Yoya Blanco, recordando ao mesmo tempo que as actividades levaranse a cabo no horario habitual, de 11:30 a 13:30 horas. "E como sempre, non esquezades a vosa friameira! Que estas exquisiteces son dignas de degustar tamén polas familias", remarca a edil socialista.