miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

O Ganapán prepárase para dar a benvida ao Samaín en Pontevedra

Un dos obradoiros do Ganapán celebrado o pasado mes de xaneiro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)
Un dos obradoiros do Ganapán celebrado o pasado mes de xaneiro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)
Os obradoiros programados están pensados para nenos e nenas de 4 a 10 anos e desenvolveranse en dúas sesións

Aínda quedan un par de semanas para o Samaín, pero os nenos e nenas xa están preparando a súa celebración. Por este motivo, a Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco, deseñou para esta fin de semana uns talleres do Ganapán moi acaídos e para a inminente festividade de Defuntos.

Así, os rapaces que participen nos obradoiros de lecer infantil do Mercado de Abastos este sábado 16 de outubro terán ocasión de confeccionar un orixinais portavelas de cores para iluminar calquera estancia da casa neste período outonal, no que a luz do día se apaga máis cedo, e de adentrarse na gastronomía austríaca cunha sobremesa de outono cun nome díficil de pronunciar, pero unha receita sinxela: o Apfelstrudel.

Sábado 16 de outubro

Tal e como indica Yoya Blanco, "a axenda de actividades do Ganapán para o domingo 17 de outubro aproveitará a proximidade do Samaín para empregar a cabaza nunha receita clásica, como as chulas de cabaza, que deixará a todos coa boca aberta, e incluirá tamén un espazo creativo no que se utilizarán uns cantos envases e unhas cintas bonitas para fabricar uns comedeiros de paxariños que, ademais de atraer as aves, servirá para decorar terrazas ou xardíns".

Domingo 17 de outubro

Blanco lembra que os talleres están pensados para nenos e nenas de 4 a 10 anos e que para participar nos mesmos será necesario inscribirse previamente a través do correo electrónico [email protected] ata as 16:00 horas do día anterior á súa celebración.

"Os obradoiros desenvolveranse en dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas, e como sempre, é moi recomendable portar unha friameira para levar a casa os pratos cociñados", sinala a concelleira de Promoción Económica e Turismo.

O Ganapán prepárase para dar a benvida ao Samaín en Pontevedra
Comentarios
ç