O Ganapán recibe a primavera con xirasois, blondies, scones e helicópteros ultralixeiros

Haberá dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas, e todos os interesados deberán reservar praza previamente no email [email protected]
Dúas nenas nun dos últimos obradoiros do Ganapán. RAFA FARIÑA
photo_camera Dúas nenas nun dos últimos obradoiros do Ganapán. RAFA FARIÑA

O programa municipal de lecer infantil O Ganapán, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo para dinamizar o Mercado de Abastos, recibe esta fin de semana a primavera cunha proposta repleta de diversión, sabores e moita imaxinación. As actividades, destinadas a nenos e nenas de 4 a 10 anos, darán comezo o sábado 26 de marzo cun taller de creación de xirasois cheos de enerxía e ledicia e outro no que os rapaces poderán elaborar uns blondies –os irmáns brancos dos brownies– de chocolate branco, e uns biscoitos ideais para amantes do doce que non son moi chocolateiros.

O Ganapán do sábado 26 de marzo
O Ganapán do sábado 26 de marzo

Segundo avanza a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, "o programa continuará o domingo 27 de marzo no Espazo Gastro cun obradoiro de cociña protagonizado por unha receita de scones de queixo, un bocado salgado irresistible orixinario de Inglaterra, perfecto para tomar como almorzo, aperitivo ou merenda; e no Espazo Crea cun taller no que os máis pequenos poderán deixar voar a súa imaxinación, e nunca mellor dito, xa que confeccionarán coas súas mans uns helicópteros ultralixeiros". 

O Ganapán do domingo 27 de marzo
O Ganapán do domingo 27 de marzo

"Unha vez máis, haberá dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas, e todos aqueles nenos e nenas interesados deberán reservar praza previamente a través do email [email protected] antes das 16:00 horas do día anterior ao de celebración das actividades, indicando no correo se teñen algunha alerxia ou intolerancia. E que ninguén esqueza a friameira para levar a casa as receitas cociñadas", sinala Yoya Blanco.

Comentarios