jueves. 24.06.2021 |
El tiempo
jueves. 24.06.2021
El tiempo

O Ganapán rende homenaxe a Xela Arias con tellas de améndoa e ilustrando poemas

undefined
Unha actividade no Ganapán. ARQUIVO
Tambén haberá actividades na fin de semana

A ludoteca do Mercado de Abastos, O Ganapán, celebrará o Día das Letras Galegas alongando as súas actividades da fin de semana ata o luns, 17 de maio, e rendendo homenaxe á autora á que se lle adica a xornada, Xela Arias

O día 15 de maio haberá talleres de elaboración de petit suisse naturais e de creación de dinosaurios do Xurásico. O 16, no obradoiro de cociña farase un biscoito de quefir e no de arte, unha quenlla randeeira. Finalmente, no Día das Letras Galegas homenaxearase a Xela Arias cunhas tellas de améndoa, sobremesa típica lucense, e ilustrando composicións poéticas da autora. En todos os casos haberá sesións ás 11.00 e ás 12.30 horas. 

Todas as propostas son de balde e están dirixidas a cativada de entre 4 e 10 anos. É imprescindible reservar praza en [email protected], pechándose as inscricións ás 16.00 horas do día anterior ás propostas e dándolle prioridade á rapazada que non participara con anterioridade.
 

O Ganapán rende homenaxe a Xela Arias con tellas de améndoa e...
Comentarios
ç