O Ganapán de Nadal achegará as festas aos máis pequenos desde o 22 de decembro

O Mercado de Abastos ofrecerá ata o 7 de xaneiro unha programación 'antiaburrimento' para os nenos e nenas de catro a dez anos
Un obradoiro anterior do Ganapán. G. GARCÍA
photo_camera Un obradoiro anterior do Ganapán. G. GARCÍA

"O Ganapán do Nadal desenvolverá entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro no Mercado de Abastos unha programación antiaburrimento que somerxerá aos máis pequenos de cheo nas festas". Así define a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, a intensa e diversa oferta de actividades deseñada no marco deste programa de lecer infantil destinado a nenos e nenas de catro a dez anos e que inclúe talleres de elaboración de turrón caseiro, mazapán de amendoa, polvoróns e mini roscos de Reis, así como obradoiros de confección de barbas e gorros de Papá Noël, calcetíns sostibles para Noiteboa, postais 3D, elfos personalizados e agasallos de Reis.

A programación do Ganapán do Nadal celebrará actividades todos os días, en dúas quendas en horario de mañá: ás 11:00 e ás 12:30 horas. Todos aqueles rapaces interesados en participar poderán inscribirse previamente a través da dirección de correo electrónico [email protected].

GANAPAN DO NADAL 2021

Comentarios