O Ganapán volve esta fin de semana á Boa Vila para conmemorar o Día do Libro

Os talleres terán lugar no Mercado de Abastos 
Un obradoiro anterior do Ganapán. G. GARCÍA
photo_camera Un obradoiro anterior do Ganapán. G. GARCÍA

O programa de lecer infantil O Ganapán, impulsado pola Concellería de Promoción Económica, volve a Pontevedra esta fin de semana cunha nova oferta de actividades que combina receitas e manualidades para conmemorar o Día Internacional do Libro e celebrar a primavera. 

Os talleres comezarán o sábado 23 de abril ás 12.00 horas, cun obradoiro de elaboración de boliños preñados no Espazo Gastro e outro no que se crearán uns orixinais sinaladores de páxinas para empregar nunha data tan sinalada. 

Programa Ganapán sábado. CEDIDA
Programa Ganapán sábado. CEDIDA

O espazo continuará o domingo día 24, tamén a partir das 12.00 horas, con actividades na que os nenos poderán elaborar uns donuts saudables, e outro no que realizarán aneis de primaveras con formas de flores. 

Ganapán domingo
Progrma Ganapán domingo. CEDIDA 

Como explicou a edil Yoya Blanco todos os que desexen participar deberán inscribirse no email [email protected] antes das 16.00 horas do día anterior, indicando posibles alerxias e recomendando traer unha fiambreira para levar as receitas cociñadas. 

Comentarios