O Ganapán volve esta fin de semana con novos obradoiros para os máis pequenos

As actividades darán comezo este venres, cun taller de elaboración de 'cookies' de chocolate e outro de deseño de tarxetas de felicitación 'pop-up', e continuarán o sábado e o domingo

Un dos obradoiros do Ganapán celebrado o pasado mes de xaneiro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)
photo_camera Un dos obradoiros do Ganapán celebrado o pasado mes de xaneiro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O programa de lecer infantil O Ganapán volverá esta fin de semana ao Mercado de Abastos de Pontevedra cunha variada oferta de obradoiros nos seus espazos Gastro e Crea. As actividades, destinadas a nenos e nenas de catro a dez anos, darán comezo este venres e desenvolveranse en dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas, cun taller de elaboración de cookies de chocolate e outro de deseño tarxetas de felicitación pop-up feitas a man para sorprender aos papás e aos seres queridos.

A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, indica que todos aqueles rapaces interesados en participar deberán inscribirse a través do correo electrónico [email protected] e terán de prazo máximo para facelo ata as 20:00 horas do día anterior ao que se desenvolverá a actividade. "Despois desa hora –precisou a edil do PSOE– non se recollerán máis inscrición. Os obradoiros serán de grupos reducidos, teremos lista de agarda e, no caso de que alguén se dea de baixa, chamaremos ao seguinte rapaz. Para que a inscrición sexa válida é obrigatorio mandar non correo a seguinte información: nome e apelido do neno ou nena, idade, teléfono, día e hora nos que queren apuntarse e indicar se é para o Espazo Crea ou o Espazo Gastro".

Segundo avanzou Yoya Blanco, "para a xornada do sábado 20 están previstos un obradoiro de elaboración de dónuts de mazá e chocolate, unha merenda nutritiva e saudable que só require de tres ingredientes e un par de pasos para ter un bocado delicioso e crocante, e un taller de xoiería al dente, no que se fomentará o lado máis artístico dos pequenos coa confección de pulseiras e colgantes feitos de pasta".

A concelleira de Promoción Económica explicou que "o domingo 21 desenvolverase no Espazo Gastro unha actividade de cociñado dun clásico das receitas da avoa, as maruxas de nata, unhas galletas doces de sabor intenso que sempre nos devolven á nenez, e no Espazo Crea un taller de manualidades no que se elaborará unha colección de mini monstros con pompóns de cores (pomponeras) para decorar lapis". Ao igual que os anteriores, estes obradoiros realizaranse en dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas.

O Ganapán (1)O Ganapán (2)O Ganapán (3)

Comentarios