O GDR Pontevedra Morrazo presenta a súa candidatura como colaborador da Xunta

A organización puxo en marcha unha campaña na procura de animar ás asociacións e entidades do territorio a participar e formar parte do propio GDR
GDR Pontevedra. FACEBOOK
photo_camera GDR Pontevedra Morrazo. FACEBOOK

O GDR Pontevedra Morrazo formalizou na mañá de onte, mediante o propio envío da solicitude, a primeira fase dos traballos preparatorios para converterse nunha das entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia, da Xunta, para o período 2023- 2027.

Os traballos preparatorios para acadar esta distinción comezaron xa no pasado 2 de xuño, o propio día en que foron publicadas as bases reguladoras. Entre outros asuntos, aprobáronse os cambios pertinentes no Estatuto de GDR para cumprir as condicións de admisibilidade do novo período, ademais de poñerse en marcha unha campaña na procura de animar ás asociacións e entidades do territorio a participar e formar parte do propio GDR.

Promoveuse, a súa vez, a participación das mulleres nos órganos de goberno e a participaciónn activa dos socios para o deseño da estratexia do territorio no novo período 2023-2027.

Comentarios