Gloria Blanco aposta por potenciar o comercio local

A concelleira de Promoción Económica considera esencial apoiar a actividade dos barrios da Parda, Loureiro Crespo e Monte Porreiro
2019073013174940599
photo_camera Gloria Blanco e os membros de Aempe no encontro de onte. DP

A concelleira socialista de Promoción Económica e Turismo, Gloria Blanco, mantivo onte o primeiro encontro coa Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa (Aempe) dende que asumiu o cargo. Nela propuxo ao seu presidente, José María Corujo, darlle un pulo ao comercio local: "non só no centro da cidade, senón tamén en barrios que teñen gran cantidade de establecementos como A Parda, Loureiro Crespo e Monte Porreiro", tal como expuxo a edil ante a dirección do colectivo empresarial.

A reunión serviu para analizar as colaboracións desenvolvidas nos últimos anos entre o Concello e Aempe, os cales terán asegurada a continuidade, en palabras de Gloria Blanco, quen calificou a cita de "realmente frutífera" e trasladou aos voceiros de Aempe a súa pretensión de priorizar o impulso do pequeno comercio, unha proposición que os membros da asociación acolleron con verdadeiro entusiasmo.

Asimesmo, a concelleira baralla extender as tradicionais actividades de lecer para nenos que se viñan desenvolvendo durante o Nadal na Praza de España. A idea defendida pola edil pasa por instalar unha carpa na Praza de España, como xa se fixo con anterioridade, e por extrapolar esa mesma fórmula, ou outra, a diversos barrios. "A concepción do proxecto ten que ver con que os nenos que posúa tickets dispensados en comercios locais poidan desfrutar dos elementos de xogo e as actividades de lecer, de xeito que se estimulen as compras neles e se compense aos seus clientes", segundo a explicou a concelleira de Promoción Económica. Pretensión igualmente notificada á directiva de Aempe.

Comentarios