Goberno local e veciños proxectan o futuro Parque da Dignidade de Lourizán

A reunión tamén serviu para definir as necesidades deste espazo, tendo en conta que se tratará dunha actuación branda e efémera

La ampliación que plantea la Xunta ocuparía el espacio de Ence anexo a las actuales instalaciones de la Edar, antes usado para acopiar madera, así como una parte del campo de fútbol de Os Praceres. M.B.
photo_camera La ampliación que plantea la Xunta ocuparía el espacio de Ence anexo a las actuales instalaciones de la Edar, antes usado para acopiar madera, así como una parte del campo de fútbol de Os Praceres. M.B.

O concelleiro delegado da parroquia de Lourizán, Demetrio Gómez, reuniuse este xoves coa Plataforma de veciños contra a ampliación da depuradora para avanzar na creación do Parque da Dignidade que foi aprobado por unanimidade do Pleno. No encontro acordouse a contratación dun técnico que redacte o proxecto do novo parque, que incluirá os terreos do antigo campo de fútbol e as parcelas lindeiras, situadas entre a vía do tren, a autovía, a depuradora e a praza dos Praceres.

A reunión tamén serviu para definir as necesidades deste espazo, tendo en conta que se tratará dunha actuación branda e efémera. Tamén se acordou que antes de tramitar a solicitude ante o departamento de Costas, se fará unha asemblea veciñal para presentar o proxecto e solicitar contribucións.

Os puntos de partida son a creación dunha zona de estancia e de xogos, sendeiros e separar visualmente a zona da EDAR do resto do parque.