miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

O Gorgullón recupera a figura do Apalpador

O Apalpador visitou este sábado O Gorgullón. DAVID FREIRE
O Apalpador visitou este sábado O Gorgullón. DAVID FREIRE
O personaxe da tradición popular do Nadal galego percorreu onte o barrio pontevedrés apalpando as barrigas dos pequenos

O sol acompañou este sábado en Pontevedra para continuar coas celebracións de Nadal. Un dos protagonistas de este sábado foi o Apalpador, que se deixou caer pola Boa Vila. A asociación de veciños Eduardo Pondal acolleu, por quinto ano consecutivo, a actividade que recupera a mítica figura do Nadal galego. O carboeiro que nestas datas baixa do monte para apalpar as barrigas dos nenos e darlles castañas achegouse ata o barrio do Gorgullón, que percorreu acompañado dos gaiteiros da asociación aproveitando para falar cos nenos e nenas que se achegaron a coñecelo.

A continuación, o centro social do barrio pontevedrés acolleu un festival que incluíu a posta en escena dunha obra de teatro infantil, así como unha actuación das pandereteiras do colectivo veciñal de Eduardo Pondal.

A programación de Nadal continúa hoxe en Pontevedra con varias actividades para todos os públicos. Así, mentres na Praza do Teucro permanece aberta a mostra artesanal Pontenadal, o Recinto Feiral volve abrir as súas portas con múltiples actividades para toda a familia, como os inchables ou a pista de patinaxe sobre xeo. A oferta de ocio complétase con Pontexogos na Praza de España e unha tirolina que está a facer as delicias da cativada.

Ademais, este domingo o auditorio de Afundación acolle o espectáculo de maxia Galicia Magi Fest, unha gala internacional de ilusionismo que se levará a cabo en dúas quendas, ás 18.30 e ás 20.30 horas.

Finalmente, o Teatro Principal será o escenario dun festival de Nadal organizado polo Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, que dará comenzo ás 20.30 horas coa entrada de balde.

Miles de persoas xa gozan das vacacións de decembro coas atraccións do parque de ocio Mundonadal
Patinar con estilo nunha pista de xeo, deslizarse por un tobogán xigante conxelado, cabalgar a lomos dun búfalo mecánico o subir ó alto dun rocódromo son só algunhas das posibilidades que ofrece Mundonadal no Recinto Feiral de Pontevedra. Aberto de luns a domingo de 16.15 a 22.30 horas excepto en xornadas subliñadas. DAVID FREIRE


O Gorgullón recupera a figura do Apalpador
Comentarios