Os do Val do Lérez gañan o Certame de Murgas por terceiro ano consecutivo

Un Pazo da Cultura rebosar presenciou a xornada para decidir o vencedor do concurso

Un momento da final do Certame de Murgas. RAFAFARIÑA
photo_camera Un momento da final do Certame de Murgas. RAFAFARIÑA

Os do Val do Lérez convertéronse este xoves nos gañadores Certame de Murgas de Pontevedra por terceiro ano consecutivo ao conseguir 79 puntos do xurado. Seguíronos de preto o Equipo Ja, con 75, e Jana de Leria, con 71. O cuarto posto foi para a murga PTV e o quinto para os Arrombados. 

A final foi seguida por centos de persoas que abarrotaron o Pazo da Cultura. Os seguidores do concurso que non tiveron fortuna de conseguir unha butaca, puideron seguir a final en streaming. 

Un dos protagonistas da noite foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que subiu ao escenario durante a actuación da murga Jana de Leria, que lle adicou unha canción. 
 

►Máis información na edición impresa de Diario de Pontevedra deste venres◄