Os grandes achados en Santa Clara aumentan o espazo e o tempo de investigación

A primeira das charlas para conmemorar a compra da construción deu a coñecer que se rastrearon 780 m2 e se atoparon 8.000 pezas
Relatores e oíntes na primeira charla que celebra a compra do edificio relixioso de Santa Clara. RAFA FARIÑA
photo_camera Relatores e oíntes na primeira charla que celebra a compra do edificio relixioso de Santa Clara. RAFA FARIÑA

Dende que comezaron as investigacións en Santa Clara esta abriu moitos misterios por resolver, pero tamén moitas pistas que seguir e falar. Disto mesmo deron conta os relatores do ciclo de charlas organizadas pola Deputación que se inauguraron onte. O motivo destes ciclos era conmemorar a compra da construción relixiosa, os arqueólogos responsables das escavacións, Rafael Rodríguez e Israel Picón, e o estudo histórico artístico.

Ambos expertos deron unha visión xeral da escavación e destacaron que foi necesario ampliar substancialmente o proxecto de intervención inicial dada a cantidade de de material atopado e que achegaba información sobre a vida no convento durante os 700 anos que estivo pechado ao público.

Segundo apuntou un dos investigadores, Israel Picón, nun primeiro momento, os traballos estaban planeados para abrir 616 metros cadrados de catas, mais foi preciso ampliar ata os 780 metros, repartidos en diferentes sondaxes nos distintos sectores nos que se parcelou a finca.

Foi o arqueólogo director dos traballos, Rafael Rodríguez, o que afondou máis e fixo un resumo a nivel arqueolóxico e da evolución das edificacións a partir da arquitectura, e tamén grazas ás cerámicas e metais achados–arredor de 8000– permitíuse datar algunhas das construcións o que o fan os elementos "máis representativos".

Estas charlas sobre Santa Clara continuarán hoxe, mércores 23, baixo o título Cando as paredes falan a cargo do doutor Victoriano Nodar. Este falará sobre a lectura de alzados e paramentos interiores e exteriores dos edifiicos, é dicir, das diferentes construcións e muros e os momentos nos que foron edificadas.

Comentarios