O concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Pontevedra, Iván Puentes, publicou na súa conta de Twitter o vídeo dun grupo de golfiños que se paseou polo río Lérez en pleno centro da cidade.
"¿Alguén dubida de que vivimos no paraíso?", preguntábase o socialista xunto as imaxes dos animais, que se atopaban fronte ao Mercado de Abastos.
🐬🐬 Golfiños no centro da cidade! Alguén dubida de que vivimos no Paraíso e de que o río #Lérez é unha maravilla que debemos potenciar? #Pontevedra #DesenvolvementoSostible pic.twitter.com/JIdEqezSN0
— Iván Puentes (@ivanpuentes) July 14, 2020
Ademais, Puentes aproveitou a ocasión para defender que "debemos potenciar o río Lérez" porque é unha "marabilla".