Guerra de almofadas, pero a cuberto

Núbebes pechou a súa sétima edición coa xa tradicional guerra de almofadas, que tivo que ser trasladada ao Teatro Municipal pola chuvia
Imaxe da guerra de almofadas celebrada este domingo no Teatro Municipal. GONZALO GARCÍA
photo_camera Imaxe da guerra de almofadas celebrada este domingo no Teatro Municipal. GONZALO GARCÍA

Punto e final ao Festival das Núbebes. O programa de artes escénicas pensado para os máis pequenos da casa rematou onte despois de dúas fins de semana de obradoiros, actividades e representacións cunha das actividades xa habitual no festival, que se celebra tradicionalmente no último día do evento, a guerra de almofadas. 

Unha pelexa con final feliz, onde non faltaron golpes de almofadas entre pais e nenos, que serviron para que uns e outros se desafogasen. Tras a guerra, tocou firmar a paz, e os presentes reconciliáronse cun gran abrazo que serviu para coller folgos de cara á vindeira edición do festival. O evento, que estaba previsto celebrar na praza do Teucro, tivo que ser trasladado ao Teatro Principal pola chuvia. 

Inicialmente, a guerra de almofadas estaba pensada na praza do Teucro

Pero a pelexa de almofadas non foi a única cita de este domingo, xa que durante toda a xornada houbo actividades. Pola mañá, os nenos de entre tres e seis anos gozaron dun obradoiro de ioga e houbo tamén unha sesión de contos a cargo de Raquel Queizás. Xa pola tarde, Cé Orquestra Pantasma ofreceu un espectáculo musical e a Banda Moraima pechou o festival cun concerto no Principal ao que non faltou Roque, a mascota do festival.