Homenaxe ás vítimas de tráfico

A Subdelegación do Goberno lembrou este luns ás 20 persoas falecidas en accidentes este ano na provincia
Un momento da homenaxe con motivo do Día Mundial en lembranza das vítimas dos accidentes. DP
photo_camera Un momento da homenaxe con motivo do Día Mundial en lembranza das vítimas dos accidentes. DP

A subdelegación do Goberno en Pontevedra lembrou este lunes a todas as vítimas de accidentes de tráfico e, en especial, ás 20 persoas que perderon a vida nas estradas da provincia de Pontevedra no que vai de ano. Foi durante un acto no que tamén se gardou un minuto de silencio en conmemoración do Día Mundial en Memoria das Vítimas de Tráfico, celebrado na sede da Xefatura Provincial da Dirección Xeral de Tráfico e presidido pola subdelegada do Goberno en Pontevedra en funcións, María Isabel Alonso.

A responsable provincial de Tráfico, Paula Yubero, sinalou que ata o 15 de novembro de 2023 rexistráronse 19 accidentes mortais en accidentes de tráfico nas vías interurbanas de Pontevedra o que implica un aumento en 8 accidentes con respecto ao 2022, onde se rexistraron 11. En relación coas vítimas mortais contabilizáronse 20, unha cifra superior ao mesmo período de 2022. O número provisional de feridos graves ascende a 83 e a 1.137 o de feridos de carácter leve.

Os datos relativos ao número de accidentes mortais producidos neste 2023 son moi similares aos das anualidades precedentes ao ano 2022. De feito, nos anos 2019, 2021 e 2023 rexístrase o mesmo número de accidentes mortais (19), sendo superior en dous na anualidade do 2020, onde rexistráronse 21.

Nos meses de agosto e abril do ano 2023 non se rexistrou ningún accidente mortal na provincia, sendo o mes de outubro o mes no que rexistrou un maior número de falecidos (4).

En relación co número de accidentes con vítimas figura un aumento de 56 accidentes con vítimas no ano 2023 con respecto ao ano 2022. Tampouco existen diferenzas destacables no número de accidentes con vítimas con respecto ás anualidades 2020, 2021 e 2022. No acto de este luns tamén participaron o coronel da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Simón Venzal e o comisario provincial da Policía Nacional, Juan José Díaz, así como a presidenta de Ponte a Conducir, Alba María González.