El Huerto del Cura gana o premio a mellor almorzo de Pontevedra

Os pontevedreses colocan ao Pumper na segunda posición e ao Café Sonata na terceira na edición de 2023 de Pontealmorzo
Pontealmorzo. DP
photo_camera Pontealmorzo. DP

El Huerto del Cura, gracias ao seu El desayuno del cura, foi o gañador a Mellor Almorzo de Pontevedra 2023. O menú, composto por café/infusión/cacao, zume natural de mazá e cenoria e bagel de xamón, aguacate e ovo revolto, foi elexido polos veciños como o campión de Pontealmorzo.

Os pontevedreses situaron ao Originale de Pumper (café, zume natural y tosta de hummus de alfábega con mazá, noces e pesto) como o segundo máis valorado, mentres que o  Desayuna contigo (café, auga con limón, batido de bagas de goji, kefir con avea e froitas, quiché de verduriñas mini tosta de aguacate e doce de cacao) foi  terceiro clasificado, ademais do gañador do mellor almorzo sen glute. 

A edil de Promoción Económica, Yoya Blanco, destacou o gran nivel dos almorzos e cifrou en "case 4.000" os servidos. 

Todos los participantes en Pontealmorzo 2023

1. Cafetería Silathe (Benito Corbal, 43), con Desayuno Silathe.
Composición: Café, zume de laranxa natural, bol de froitas de tempada e tosta Silathe (tosta de crema de queixo, con salmón afumado, noces, mel e chía, en pan de masa nai con sementes).

2. Vía Nai (Isabel II, 22), con Desayuno Gloricioso.
Composición: Café elaborado en V60, smoothie de piña, bombón de chocolate con corazón de framboesa e base de pizza con cherrys macerados.

3. Panadería A Devesa Riestra (Marqués de Riestra, 38), con Desayuno A Devesa.
Composición: Café, zume de laranxa natural e tosta de ovos revoltos con xamón york e queixo.

4. Panadería A Devesa Monte Porreiro (Italia, 5), con Desayuno A Devesa.
Composición: Café, zume de laranxa natural e tosta de ovos revoltos con xamón york e queixo.

5. El Huerto del Cura (Joaquín Costa, 42), con El Desayuno del Cura.
Composición: Café, zume natural de mazá e cenoria e bagel de xamón, aguacate e ovo revolto.

6. Bachata (Eduardo Pondal, 40), con Venga Va.
Composición: Cappuccino italiano, zume natural e tosta de queixo cremoso con noces ao aroma de mel de Salcedo.

7. La Buena Vida (Blanco Porto, 4), con Sincroniza la Buena Vida.
Composición: Sincronizada de tortitas de trigo con crema de aguacate, xamón, queixo fundido e sementes, acompañado de zume antioxidante de froitos vermellos e café seleccionado de tres países.

8. Café Bar Bogotá (Joaquín Costa, 42), con Patacones de mi tierra.
Composición: Plátano macho con ovos, chocolate e batido de froita.

9. El Cafetín (Alameda s/n), con CAFEtime * CAFEteam.
Composición: Caffè latte de abelá + zume kiwi + mini brownie caseiro + cruapán de salmón afumado cafetín, tomate confeitado e cremoso de aguacate.

10. El Patio Kinder (Virxe do Camiño, 11), con Tuna.
Composición: Café, zume de laranxa natural e tostada de pan chapata con aguacate, atún e rúcula.

11. Pumper (Sagasta, 22), con Originale.
Composición: Café, zume natural e tosta de hummus de alfábega con mazá, noces e pesto.

12. Adega dos Avós (Gutiérrez Mellado, 6), con Tosta y más.
Composición: Café, zume de froitas de tempada e tosta con cruxente de queixo e salmón.

13. Café Sonata (Peregrina, 66), con Desayuna Contigo.
Composición: Café, auga con limón, batido de bagas de goji, kefir con avea e froitas, quiché de verduritas, mini tosta de aguacate e doce de cacao.

14. La Platería (Manuel Quiroga, 2), con La Platería.
Composición: Cappuccino; cóctel mimosa; creppe con doce de leite, nata e amorodos; e sándwich integral con queixo crema, salmón afumado, aceite de oliva e rúcula.

15. Dulce de Leche Alameda (Marqués de Riestra, 32), con Ponte a Punto.
Composición: Café, zume de laranxa natural, tortita doce de avea caseira con crema de cacahuete 100% natural, plátano e crema de cacao e tortita salgada de avea caseira con chips de bacon e ovo revolto.

16. Lulo Gastrogrill (Padre Luis, 3), con Desayuno viajante.
Composición: Almorzo composto por tres elementos con moito sabor que deleitarán o teu padal.