Humor para promocionar o atractivo turístico da Boa Vila

A riqueza patrimonial e cultural da cidade protagonizou sábado o programa que o cómico, 'O Chusco de Catoira', emitiu dente a Alameda
2020082312383580872
photo_camera A concelleira, Yoya Blanco, posa xunto cun dos menbros da tropa do Chuso. RAFA FARIÑA

O humorista 'O chuso de Catorira' aterrou sábado na Boa Vila para continuar a súa xira de verán con multitude de espectáculos, en vivo e en directo, sobre a riqueza histórico-patromonial e os inxentes atractivos turísticos das cidades e vilas galegas. O palco dos músicos da Alameda de Pontevedra foi sábado o lugar elixido polo cómico para percorrer, en clave de humor, os lugares máis fermosos da cidade. Ademais, 'O chuso', contou coa compañía da concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco; o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Rural, Iván Puentes; o tenente de aclade e concelleiro de Deportes, Tino Fernández; o escritor, Manuel Loureiro e o coordinador da Pontevedra Film Commission, Miguel López.

As 19.00 horas da tarde de sábado unha vintena de persoas achegáronse ata a Alameda para desfrutar do humor e as brilantes ocurrencias do 'Chusco de Catoira'. O programa, que arrincou con retraso por mor dalgúns problemas técnicos, contou coa actuación da banda pontevedresa 'Chroma Music Band' que puxo a nota musical o espectáculo, interpretando versións de grupos como 'Queen' e cancións da súa propia autoría.

A primeira invitada da tarde foi a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, que compartiu có público os seus lugares favoritos da cidade "O Gastroespazo de O Mercado de Abastos é unha das miñas debilidades, xa que podes desfrutar dunha gran variedade gastronómica, de excelente calidade, nun único edifico". A edil tamén quiso salientar o servizo de ludoteca que ofrece este espazo "para que os nenos e as nenas o pasen ben mentres os pais desfrutan dun aperitivo". Así, Blanco concluíu decindo que "Pontevedra é unha cidade maravillosa para vivir en familia, porque hai moitísino espazo de recreo para os pequenos".

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Rural, Iván Puentes, foi o seguinte en tomar a palabra. A Ponte do Burgo foi, entón, o centro da conversa. O edil explicou que a reforma "foi necesaria para a restauración dos arcos medievais, que xa estaban deteriorados, e máis para a peatonalización do viaducto". O Chuso tirou de humor e comparou as novas luces led de diferentes cores que luce a ponte co "camión da orquesta Panorama".

Deseguido, o conductor do programa deu paso a un vídeo que a súa tropa gravara pola mañán visitando distintos emprazamentos da cidade, coma a praia fluvial, a Illa das Esculturas ou a Igrexía da Virxe Peregrina. Ademais, o comercio local e a hostelería pontevedresa tamén tiveron cabida no programa. "É moi importante pór en valor o propio, o local", apuntou Yoya Blanco.

O programa non podía rematar sen referirse a principal artería azul da cidade: o Lérez. Puentes, colleu entón o micro para dar conta "da gran variedade de sendas peonís ao carón do afluente coas que conta Pontevedra". "Perfectas para pórse en forma facendo exercicio", comentou Chuso.

O programa chegou a súa fin ao compás da última canción dos músicos de Chroma, mentres o Chuso e a súa tropa desexaron aos asistentes, presentes e virtuais, que tiveran pasado un bo rato, porque, coma di o seu lema: "para amargarse sempre hai tempo".

A emisión puido seguirse en streaming polas canles de Youtube e Facebook do humorista e o Concello. O programa , que foi gravado, xa está disponible para a súa visualización en ditos medios.

Comentarios