O IES Montecelo recibe o sétimo premio Eduemprende Idea nos últimos cinco anos

Gloria Abalo, titulada no CS en Deseño e Xestión da Produción Gráfica, presentou ao concurso como proxecto de empresa unha axencia de publicidade pensada para o ámbito literario
Gloria Abalo na Carpintería Abalo de Vilagarcía, onde traballa. DP
photo_camera Gloria Abalo na Carpintería Abalo de Vilagarcía, onde traballa. DP

Sete premios Eduemprende Idea nos últimos cinco anos. Este é o balance do IES Montecelo, conta orgulloso o seu director, Miguel Carballa. O último destes éxitos, coñecido onte mesmo, foi o segundo posto na modalidade A, correspondente aos ciclos de grao superior, grazas ao proxecto de empresa "Axencia de publicidade Propio", elaborado polas alumnas Gloria Abalo Dieste e Iria Miranda Ferradás. Contaron, ademais, coa titorización das docentes Mónica Cochón e Loló Conde. Está dotado con 2.000 euros.

Con 49,25 puntos, a iniciativa pontevedresa quedou moi preto de lograr o primeiro premio, concedido ao proxecto Reeducat (49,5 puntos). Só tres podían ser distinguidos nesta modalidade e en quinto lugar quedou o Tupperdición de Raúl Paz, presentado polo CIFP Carlos Oroza.

O Eduemprende Idea, convocado pola Consellería de Educación coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de Formación Profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño de Galicia sostidas con fondos públicos.

O proxecto xurdiu o curso pasado no módulo de Empresa e iniciativa emprendedora, que imparte a docente Mónica Cochón, no CS de Deseño e Xestión da Produción Gráfica, que estudaban ambas alumnas, que remataron o ciclo o pasado mes de xuño. "Elaboraron un plan de empresa como si fueran a ponerla en marcha", explica a profesora. Gloria, a estudante que o elaborou como traballo da clase –aínda que contou coa colaboración de Iria para presentalo ao concurso e tamén doutra docente, Loló Conde–, "lo tuvo muy claro desde el principio", subliña Cochón. "Lo hizo muy muy bien. Sacó un diez".

Tanto lle gustou o traballo á docente que a animou a presentalo ao Eduemprende Idea. O premio, case unha victoria absoluta, encheuna de orgullo. "Se lo merecía, es una alumna de diez, y no ganó por una diferencia mínima".

Enxeñeira en FP

Gloria Abalo Dieste é de Vilagarcía de Arousa e ten 25 anos. Graduada en Enxeñería en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto pola Universidade da Coruña, ao rematar a carreira apostou por especializarse mediante un ciclo de superior e matriculouse no IES Montecelo.

Agora traballa na Carpintería Abalo, o negocio familiar no que "colaboro diseñando cocinas, armarios, vestidores... y también elaboro el catálogo, el logo y la web". entre outros cometidos.

A moza está feliz cun premio que practicamente xa non agardaba, pois "lo presenté en abril, antes de hacer las prácticas, y ya no contaba con él". Explicou que, efectivamente, se presentou por recomendación da súa profesora.

Pero en que consiste esta axencia de publicidade? "Es una agencia que elabora microanuncios de 30 segundos para librerías especializadas, papelerías y editoriales. La empresa estaría orientada a este sector", explica.

A súa foi case unha rareza na aula, pois os seus compañeiros centráronse máis en páxinas webs ou estampación de camisetas, pero a Gloria gústanlle tanto os libros que optou por este eido.

O nome, Propio, xorde da idea de que cada obra precisa a súa propia difusión. "Un anuncio, un libro", podería ser o seu lema. Elaborou a identidade corporativa da axencia e mesmo unha web. No proxecto estudaba también a posibilidade de comprar ou alugar dous locais para establecer a sede, pero "todo era ficticio".

En principio non se plantexou facer o proxecto realidade. "Ya me lo planteó la profe, pero necesitaba una inversión inicial que no tenía, unos 3.000 euros solo para crear la sociedad limitada, sin poner en marcha la empresa, siquiera".

Agora, cos 2.000 euros do premio, podería estar máis preto de poder materializar a idea, pero non o ten moi claro. "Estoy trabajando en la carpintería de mi padre y estoy muy contenta", pois ten a oportunidade de aplicar todos os coñecementos adquiridos no ciclo de FP. "La ingeniería me gustó, pero es muy genérica y el ciclo es mucho más práctico y enfocado" ao mundo laboral. "Además, en el instituto ya te van enfocando a lo que quieres hacer. Me encontré con personas muy majas y muy capaces".

Comentarios