O IES Valle Inclán aposta por un pacto verde no Día de Europa

Un vídeo sobre sostibilidade, un concurso no seu antigo colexio e unha visita ao Parlamento para celebrar o 9-M
Actividade no CEIP Álvarez Limeses, o pasado venres. DP
photo_camera Actividade no CEIP Álvarez Limeses, o pasado venres. DP

O adianto da época dos exames finais en Secundaria provocou que a outrora gran festividade do Día de Europa no IES Valle Inclán tivera que celebrarse a prazos e por adiantado.

Apenas unha rápida fotografía coas camisetas conmemorativas dou fe desta xornada no propio instituto, pero xa as actividades previas encheron a data de significado, segundo explicou a docente que coordina a Escola Mentora Embaixadora do Parlamento Europeo no centro educativo, Leonor Rodríguez Tato.

Durante as xornadas anteriores o alumnado que forma parte da Escola Embaixadora visitou o Parlamento de Galicia e tamén creou varios vídeos sobre distintos países da Unión Europea xunto cos compañeiros doutors dous centros dos que é escola mentora: o Colexio Vivas e o Santiago Apóstol de Vigo.

Así mesmo, dúas alumnas de 4º da ESO presentaron o Pacto Verde, a política medioambiental da Unión Europea, nun vídeo de boas prácticas e sostibilidade, creado por Europe Direct A Coruña e que se pode visualizar en Youtube.

Tamén os que foran alumnos do CEIP Álvarez Limeses repetiron a experiencia de volver ás súas antigas aulas para levar a cabo unhas actividades, tipo concurso, sobre a Unión Europea. Finalmente, estase a coordinador un curso de autocoidado e benestar emocional para o alumnado, coa colaboración do CFR, qee se realizará durante o mes de maio.

Comentarios