sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

O II Ciclo Aida Fernández Ríos incluirá dez relatorios e cinco charlas en institutos

Presentación da segunda edición do Ciclo Aida Fernández Ríos. DP
Presentación da segunda edición do Ciclo Aida Fernández Ríos. DP
A figura de Jimena Fernández de la Vega, a quen este ano dedícaselle o Día da Ciencia, terá un papel protagonista coa conferencia central e a presentación dunha camelia co seu nome

A Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias presentaron este a segunda edición do Ciclo Aida Fernández Ríos, destinado a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social e impulsar o labor científico en Galicia. A presidenta provincial, Carmela Silva, xunto ao presidente da RAGC, Juan Lema, e á súa vicepresidenta e coordinadora do ciclo, Alicia Estévez, detallaron a programación, que este ano versará sobre contaminación por microplásticos, as pandemias silenciosas, o impacto do cambio climático e da saúde na economía, as mulleres e a ciencia, os exoplanetas e as adegas circulares.

Amais de poñer en valor a Aida Fernández Ríos, tamén terá un papel protagonista nas xornadas a figura de Jimena Fernández de la Vega, a quen este ano se lle adica o Día da Ciencia en Galicia. O Pazo da Deputación acollerá o 3 de xuño a conferencia central que versará sobre a traxectoria desta muller, pioneira da xenética médica en España e que, xunto a súa irmá xemelga Elisa, foi a primeira licenciada en Medicina pola USC.

Neste sentido, a presidenta provincial, Carmela Silva, desvelou que neses días tamén se presentará unha nova camelia co seu nome no Xardín Con nome de Muller do Castelo de Soutomaior.

No que respecta ás ponencias, segundo detallou Alicia Estévez, o programa constará dun primeiro bloque de dez relatorios impartidos por once persoas expertas das tres universidades galegas, do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) dependente do CSIC, do Centro Oceanográfico de Vigo, da Universidad Complutense de Madrid e da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. As charlas, dirixidas ao público en xeral, celebraranse do 29 de abril ao 1 de xullo, en formato webinario e semipresencial con streaming.

O segundo bloque de actividades incluirá cinco conferencias presenciais en institutos de Secundaria e Bacharelato entre os meses de setembro e decembro deste ano. Estas, que serán impartidas todas por mulleres, teñen como finalidade achegar a ciencia á poboación máis nova e fomentar as vocacións científicas.

O prazo de inscrición para participar gratuitamente en todas as conferencias xa está aberto na web da Deputación (www.depo.gal) e todos os participantes recibirán un certificado de asistencia.

O II Ciclo Aida Fernández Ríos incluirá dez relatorios e cinco...
Comentarios
ç