Viernes. 15.02.2019 |
El tiempo
Viernes. 15.02.2019
El tiempo

A II Gala dos Medios en Galego pon en valor en Pontevedra o uso da lingua galega

Intervención de Touriñán durante a gala. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Intervención de Touriñán durante a gala. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A gala, conducida por Mónica Martínez, contou coas actuacións do humorista Xosé Antonio Touriñán e da cantante Ugia Pedreira

O secretario xeral de Política Lingística, Valentín García, destacou na II Gala organizada pola Asociación de Medios en Galego (AMEGA), celebrada este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra, que na actualidade ábrese un "tempo novo cheo de oportunidades" para informar en galego.

Valentín García, con motivo do Día dos Medios en Galego, destacou na súa intervención que "houbo un momento en que mesmo os galegofalantes mostraban pouca disposición e alegaban dificultades para ler o xornal en galego, unha lingua na que nunca foran alfabetizados".

En cambio, considerou que "hoxe en día, coa xeración mellor formada da historia no idioma propio de Galicia", estase "ante outro tempo novo cheo de oportunidades para estenderse e crecer, para informar en galego do máis afastado tan ben como calquera outro medio do mundo, e do máis próximo, como ninguén".

A gala, conducida por Mónica Martínez, contou coas actuacións do humorista Xosé Antonio Touriñán e da cantante Ugia Pedreira.

Os obxectivos do encontro organizado pola AMEGA foron anunciar e chamar a atención sobre o Día dos Medios en Galego, e difundir o coñecemento d'O Tío Marcos como iniciativa pioneira e innovadora pola temática, o uso do humor e polas formas de distribución.

A data elixida para a conmemoración, o 7 de febreiro, é o da saída á rúa, en 1876, do primeiro xornal integramente escrito en lingua propia de Galicia: O tío Marcos d'A Portela.

A Xunta de Galicia, ademais de desenvolver campañas institucionais nos medios que empregan o galego como único idioma de comunicación, ten unha liña de subvencións exclusiva para empresas que realicen publicacións periódicas escritas neste idioma.

A II Gala dos Medios en Galego pon en valor en Pontevedra o uso da...
Comentarios