sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

A III Escola Feminista céntrase nas emocións dos tempos de pandemia

Vicky Estévez e Neves Seara na praza da Verdura en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Vicky Estévez e Neves Seara na praza da Verdura en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
"Teremos un espazo adicado aos mimos como zona de xestión emocional e autocoidado"

A terceira edición da Escola Feminista para a Mocidade comezará este mes co apoio da Área de Xuventude que dirixe o concelleiro Alberto Oubiña e da man de Vicky Estévez e Neves Seara, as cales levarán a cabo os distintos obradoiros.

Segundo explicaron ambas protagonistas a este xornal, este ano propóñense dous espazos de entretenemento con cinco obradoiros: unha gimkana feminista en redes sociais e un círculo de mimos como espazo de xestión emocional e de coidado. Ambas as dúas citas están enfocadas a converterse nunha zona segura para os usuarios, xa que tendo en conta que por esta pandemia mundial que vivimos, a soidade xogou un papel principal nas nosas vidas xerando así, conflictos a nivel emocional.

Preténdese crear un espazo seguro onde as persoas poidan expresarse, falar entre elas nun ambiente de seguridade, compartir as súas experiencias, obtar a capacidade de expresión, de escoita e de aprendizaxe. Apuntan que "un grupo é unha rede de apoio, de autocoidado, de empoderamento e de non xuízo", onde se compartirá a parte emocional de autocoidado e de coidado dentro do grupo, grazas a experiencia das profesoras, levando grupos de adolescentes.

Así, mellorar pouco a pouco a saúde mental que quizáis pasou a un segundo plano neste tempo e dunha vez por todas pasalo ben, algo que tamén é moi necesario.

A idea é facer moito ruido nas redes, xogar coa creatividade a través desa gimkana feminista. Para elo propoñeranse unha serie de retos cada 15 días para os participantes. O obxetivo xeral será que tódolos usuarios poidan ver as diferentes propostas a través dos hashtags que se facilitaran, para así chegar a ter unha maior difusión no público.

Cada reto son traballos creativos a través das redes, nos que se poderán atopar dende a creación dun haiku feminista ata un microrrelato sobre unha muller das nosas vidas, pasando polos dez mandamentos feministas. É dicir, deferentes probas, nas que o tema central sería o feminismo, ligado á creatividade que temos no noso pensamento.

Nesta iniciativa se poderán atopar cinco obradoiros enfocados á xestión emocional e ao autocoidado, por exemplo, como aprender a combater o argumentario machista no cal se combinaria a actividade creativa, co debuxo pero facendo un traballo previo de descurso e análisis, poñendo un pouco en xogo aqueles aspectos que se poidan dar nunha conversa na que se tocan temas complexos a descutir e defender se non contamos cunha base teórica. Polo tanto non sería un taller teórico, senón un taller de experimentación de xogo, de compartir e de crear algo creativo.

Outro dos obradoiros será o de Fotopoesía e empoderamento, no que se ensinará a defenderse nunha conversa, sen alterarse e obter unha base conceptual firme para que ninguén che poida rebatir. Neste obradoiro trataránse os conceptos teóricos xunto co uso do humor, xa que ao final dánse situacións do día a día que son case graciosas, o que se aproveita para facer unha pequena banda deseñada, na que só se precisará a creatividade das participantes.

Unha das encargadas, Vicky Estévez, comenta que están moi ilusionadas, xa que foi un traballo de moitos meses, feito con moito agarimo e ilusión. "Ao final as expectativas que temos son a ilusión", desexan que a repercusión sexa forte e a participación máis aínda, como se puido ver na edición pasada da Escola Feminista.

"Estamos convencidas de que deixará un bo sabor de boca, tanto en nos mesmas coma nos participantes". Man a man con Vicky Estévez está Neves Seara, que comparte a mesma ilusión. "Confiamos no proxecto porque sería un pouco camicace non confiar nalgo que parimos aí man a man coa equipa de xuventude". 

Pero sobretodo vese a ilusión dende o primeiro momento e o amor que teñen polo proxecto. A tutora non pode garantir o que vai ocorrer: "A creación e a creatividade van así. Ti abres un pouco a caixa de Pandora e non sabes moi ben o que sae de ahí, pero sabemos seguro que vai ser moi enriquecedor para tódalas participantes". 


A programación da Escola Feminista ofrece, ademais, cinco obradoiros
Novas tecnoloxías e modos de autocontrol: Obradoiro de análise dos machismos e violencias nas tecnoloxías, durante os días 8 e 15 de marzo e dirixido a mozos e mozas de 12 a 18 anos.
Combater o argumentario machista: Estratexias de comunicación e diálogo, conceptos teóricos e feministas. O día 27 de marzo para mozas e mozos entre 15 e 35 anos.
Fotopoesía e empoderamento: Traballar sobre os recursos emocionais para a autoestima e o empoderamento. Terá lugar dende o 12 ao 19 de abril para mozas entre os 15 e 35 anos.
Conversas entre iguais sobre agresións sexuais: Extratexias para a superación das vivencias. O día 24 de abril para mozas dentre 15 e 25 anos.
Re-pensar as letras: Análise das letras musicais de diferentes épocas. O día 15 de maio para mozos e mozas dentre 12 a 18 anos.

A III Escola Feminista céntrase nas emocións dos tempos de pandemia
Comentarios
ç