A importancia de dar apoio

Mateo Giménez Flores vén de converterse no referente de moitos mozos de etnia xitana tras superar a proba de acceso á universidade recentemente. Para este alumno do IES Luís Seoane, a chave é o apoio do núcleo familiar para que haxa un cambio real
Mateo coa orientadora e a xefa de estudos do IES Luis Seoane. DP
photo_camera Mateo coa orientadora e a xefa de estudos do IES Luis Seoane. DP

O profesorado do IES Luis Seoane (en Monte Porreiro) está de celebración. Entre risas e congratulacións posan, con satisfacción, diante da cámara cun alumno que é un exemplo. Mateo Giménez Flores é, posiblemente, o primeiro rapaz da zona de etnia xitana que pasa a Selectividade e que, como outros mozos da súa idade, soñan con estudar un grado universitario. "Para mí es como una sensación de orgullo", comenta mentres fala coas súas mentoras. "Yo quiero estudiar en Pontevedra Educación Primaria, pero si no puede ser empezaré con el ciclo superior". Este mozo é "o exemplo motivacional" que necesitan os mozos e mozas da etnia xitana, declara a xefa de estudos do IES, Rosalía Gago Florenti.

Grazas ao traballo en equipo do Instituto e aos programas que realiza a Fundación Secretariado Gitano (FSG), espérase que rapaces como Mateo poidan ter os suficientes apoios que lle permitan continuar cos seus estudos ata onde eles escollan. "Fue complicado. Estudiar no es fácil, pero si no fuera por mis padres, que son mi principal apoyo, esto no hubiera sido posible". Para moitos mozos xitanos estudar é algo que non está nos seus plans e, como indica, a orientadora socioeducativa da Fundación sen ánimo de lucro, Maite Rosales, "6 de cada 10 nenos xitanos abandonan antes de poder terminar os estudos da ESO".

Mateo Giménez indica que sin o apoio dos pais é imposible que os rapaces do colectivo poidan continuar cos seus estudos

Estas labores de "promocionar e dar visibilidade" ao xitano é, segundo a Fundación e máis Mateo, unha boa maneira de ter referentes para que "máis xente desta etnia" teñan en consideración e "poñan en valor" que tamén poden ter estudos superiores. "Tengo dos hermanos mayores y ninguno estudió. Mi hermana llegó a la ESO y lo dejó para trabajar en la feria, y mi hermano lo hace en el mercado. Soy el único de mi familia con estudios", conta o protagonista desta historia mentras puntualiza que, "parece que por el hecho de ser gitano ya no puedes tener estudios, y no es así. No se ven gitanos estudiando y es bueno visibilizar que todos podemos formarnos para lograr todo lo que nos propongamos, pero lo fundamental es que los gitanos tengan el apoyo de su familia. En ese aspecto, he tenido mucha suerte".

Para reforzar esta idea, Pilar Crespo, a orientadora do centro, ademais de indicar a ledicia do instituto polo logro acadado, comenta que "moitos teñen expectativas moi baixas a nivel educativo. Esperamos que se melloren as esperanzas deste colectivo".

ELIMINAR OS PREXUÍZOS. "Agora ten esa parceliña de responsabilidade", anima con ilusión a xefa de estudos do centro, quen apremia a que sexan, "sobre todo ás mulleres" posto que as grandes ausentes seguen a ser elas".

Segundo a FSG, as mulleres non só contan co estigma do que pode partir calquera fémina, "elas aínda teñen máis problemas pola etnia e teñen que demostrar máis". Aínda así, grazas a todos os programas de promoción, "estanse a impulsar cambios e cada vez máis estase a ver que as costumes e estudar poden ser compatibles".

Tendo referentes e apoios, din os profesionais, calquera persoa pode sentirse coa suficiente forza para percibir que pode facer realidade todo o que se propoña, independentemente da súa orixe.

Comentarios