sábado. 14.12.2019 |
El tiempo
sábado. 14.12.2019
El tiempo

"É importante reforzar a loita contra a fenda de xénero nas competencias STEM"

Carmen Pomar, á dereita, xunto co alumnado do IES Luís Seoane implicado no Club de Ciencia. DAVID FREIRE
Carmen Pomar, á dereita, xunto co alumnado do IES Luís Seoane implicado no Club de Ciencia. DAVID FREIRE
A conselleira de Educación visitou o IES Luís Seoane, un dos once centros da provincia que se incorporaron este curso ao Club de Ciencia, que xa chega a 38 en Pontevedra e 119 en Galicia

"Promoven o espíritu crítico, o pensamento diverxente e creativo" e esa ansia por "indagar e curiosear que moitas veces queda agochado segundo imos cumprindo anos". Este é o obxectivo do Club de Ciencia, unha iniciativa da Consellería de Educación que este luns levou á súa titular, Carmen Pomar, a visitar o IES Luís Seoane. O instituto de Monte Porreiro, tal como se publicou a semana pasada, é un dos once centros da provincia que se incorporaron este curso. Os outro da cidade é o IES Frei Martín Sarmiento. Figuraban xa os IES Sánchez Cantón e A Xunqueira II e o CEIP San Martiño.

Pomar visitou o Luís Seoane para "falar co alumnado e cos profesores" sobre os proxectos que están poñendo en marcha neste eido, vencellados ás ilusións ópticas e que os levaron a construir uns trompos con material de refugallo que a mesma conselleira non dubidou en poñer a xirar.

"Esperemos que algún día todos os centros educativos de Secundaria participen nesta iniciativa", afirmou Carmen Pomar

Así mesmo, destacou a importancia de "insistir" para "reforzar a loita contra a fenda de xénero nas competencias científico-tecnolóxicas". O Club de Ciencia complementa outras iniciativas como os Espazos Maker ou o Bacharelato STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). no que Pontevedra está á cabeza con once dos 31 institutos adheridos en Galicia. "Esa progresión aritmética vai ben», dixo en alusión ao Club de Ciencias. "Esperemos que algún día todos os centros educativos de Secundaria participen nel".

DATOS. Un total de 38 centros educativos públicos da provincia de Pontevedra desenvolverán durante este curso 2019/20 o Club de ciencia, que pretende estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico. Este é o cuarto ano consecutivo que se pon en marcha esta iniciativa que forma parte de Edudixital 2020, e que arrincou como experiencia piloto no curso 2016-17 con nove centros, un número que se foi incrementando desde entón. Agora incorpóranse outros 30 en Galicia, o que eleva a cifra total a 119 (55 da provincia da Coruña, 13 de Lugo e outros 13 de Ourense).

A Consellería destina 1.250 euros para cada centro adherido. "O Club de Ciencia nace como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas. O proxecto ten que desenvolverse fóra do horario lectivo, como mínimo, unha media de catro horas ao mes.

"É importante reforzar a loita contra a fenda de xénero nas...
Comentarios