O incendio na estación de bombeo de Monte Porreiro non afectou ao subministro

O funcionamento quedou restablecido durante a xornada do domingo
Intervención de los Bomberos en la estación de bombeo. RAFA FARIÑA
photo_camera Intervención de los Bomberos en la estación de bombeo. RAFA FARIÑA

A estación de bombeo de Monte Porreiro volve funcionar con normalidade tras o incendio sufrido a última hora do venres nun dos cadros eléctricos, e que foi controlado e sufocado sen que afectase a ningún elemento máis da instalación. A concelleira responsable da xestión do Ciclo da Auga, Carme da Silva explicou que o funcionamento quedou restabelcido xa o domingo, despois de que, durante a xornada do sábado, a empresa concesonaria do Servizo de Augas, Viaqua revisase e inspeccionase toda a estación.

Da Silva asegurou que en ningún momento o incidente afectou ao subministro de auga nin de Pontevedra nin do reso dos concellos da ría. "Na xornada do domingo, Viaqua restableceu o servizo das bombas de captación que quedaran inutilizadas tras o incendio, de xeito que o subminsitro xa volve facerse desde o río Lérez", explicou o consistorio nun comunicado.

 Desde última hora do venres o abastacemento fíxose desde o embalse do Pontillón, como medida provisional mentres se realizaban as tarefas de inspección e os traballos para restablecer o seu normal funcionamento. Segundo datos achegados pola concelleira, o caudal do río é máis elevado respecto a outros anos por estas datas: 4,7 m3/s, mentres que no 2019 era de 1,68 m3/s.

Comentarios