sábado. 10.04.2021 |
El tiempo
sábado. 10.04.2021
El tiempo

Infraestruturas avanza no proxecto para mellorar a seguridade dos peregrinos en Alba

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Mellorarase a seguridade dos peregrinos que percorren o Camiño Portugués a Santiago

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, deu conta este venres, nunha rolda de prensa, dos avances no proxecto de construción dunha nova senda peonil que mellorará a seguridade dos peregrinos que percorren o Camiño Portugués a Santiago ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Alba, concretamente un itinerario de 600 metros entre a contorna da capela de San Caetano e o do río Rons.

Esta obra, na que se prevé un investimento de 270.000 euros, é unha actuación complementaria á Variante de Alba, para a que os Orzamentos da Xunta recollen a partida para licitar as obras o próximo ano cun compromiso de investimento total de máis de 5 millóns de euros.

A conselleira compareceu ante os medios na Delegación territorial da Xunta en Pontevedra acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, para informar as novidades existentes no proxecto de construción de 18 quilómetros de novas sendas na estrada autonómica PO-308, para mellorar a seguridade viaria dos veciños de Poio e Sanxenxo.

Así, anunciou que o Diario Oficial de Galicia publica este venres o inicio do proceso de información pública dos proxectos de construción de dúas sendas na PO-308 en Poio, concretamente entre Fontenla e Combarro e entre Combarro, Chancelas e Samieira. Serán, dixo, neste caso, catro quilómetros de "itinerarios seguros, sustentables e integrados na paisaxe", que suporán un investimento estimado por parte da Xunta superior aos 800.000 euros.

Os afectados dispoñen até o próximo 3 de decembro para trasladar as súas alegacións. O Goberno galego traballa coa previsión de licitar e iniciar as obras destas sendas ao longo do ano 2019 co obxectivo de que todos os itinerarios programados estean finalizados no ano 2020.

Ethel Vázquez lembrou que estas dúas novas sendas no Concello de Poio sumaranse á que xa está actualmente en execución entre Ou Covelo e Raxó. Ademais, proximamente comezarán a executarse as obras previstas para eliminar un tramo de concentración de accidentes na mesma estrada, concretamente entre Covelo e A Granxa. Xa están convocados os propietarios dos terreos afectados para o pago dos depósitos previos e a Xunta está a piques de adxudicar a obra, que supón un investimento de 2 millóns de euros e comezará antes do final do ano.

Infraestruturas avanza no proxecto para mellorar a seguridade dos...
Comentarios
ç