Instalan novas beirarrúas antiesvaramento en Alcalde García Filgueira

Está previsto que as obras rematen a finais desta mesma semana 
Imagen de una acera. PIXABAY
photo_camera Imagen de una acera. PIXABAY

A Concellaría de Sostemento de Espazos Públicos Urbanos, que xestiona a concelleira Eva Vilaverde, vén de dar comezo ás obras que dotarán as beirarrrúas de Alcalde García Filgueira de pavimento en aglomerado contínuo. Esta actuación, que estaba prevista inicialmente para o pasado mes de febreiro, fora adiada co obxecto de evitar os meses máis húmidos de xeito que as chuvias do inverno non afectasen ao resultado final da obra.

Neste momento, xa se procedeu a demoler o antigo pavimento nunha das marxes da rúa e o vindeiro martes está previsto que quede totalmente pavimentada co novo material. De seguido, procederase coa marxe oposta. Se prevé que quede a actuación rematada cara a finais de semana ou comezos da seguinte.

Convén lembrar que a comezos de ano, durante a presentación do plan de actuacións previstas para o primeiros meses do ano, a concelleira Eva Vilaverde informara de que as beirarrúas de Alcalde García Filgueira serán as primeiras da cidade pavimentadas en aglomerado contínuo, deseñado especialmente para seguir avanzando na mellora da accesibilidade e evitar esvaramentos.

A concelleira pontevedresa explicara que este tipo de material se coloca precisamante na rúa Alcalde García Filgueira por ser unha rúa en pendente, posto que ao ser contínuo favorece que non haxa diferencias de alturas entre lousetas, non rompe con tanta facilidade e tamén é menos esvaradizo.

Comentarios