Isaura Abelairas despídese da Deputación

A socialista, que exerceu coma deputada de Igualdade desde o 2015, renunciou á súa acta de deputada provincial no pleno para presentarse ás eleccións autonómicas

Despedida de Isaura no Pleno Ordinario. DP
photo_camera Despedida de Isaura no Pleno Ordinario. DP

“Só vos pido que sigades loitando polo que credes que é xusto. Prometo seguir traballando pola igualdade, seguir aportando o necesario para que a sociedade sexa máis xusta”. Así se despediu Isaura Abeleiras recibindo o apoio total dos membros da Deputación de Pontevedra. Presentou a súa renuncia con motivo da súa inclusión nas listas para as eleccións autonómicas do próximo 5 de abril. 

Nas súas últimas palabras como deputada da cidade do Lérez, Abeleiras quixo agradecer ás súas compañeiras e compañeiros a colaboración destes anos e lembrou a necesidade de seguir loitando para conseguir a igualdade entre homes e mulleres. Ademáis, Carmela Silva desexoulle moita sorte no seu novo futuro e agradeceulle o seu esforzo na tarefa de igualdade.

Mestra de profesión e directora do CEIP Emilia Pardo Bazán de Vigo dende 1993 ata 2007, Isaura Abelairas conta cunha ampla experiencia política, posto que foi concelleira de Vigo e deputada provincial durante dous períodos (de 1999 ó 2003 e do 2007 ata a actualidade), ademais de levar desde o 2015 coma deputada de Igualdade no goberno de Carmela Silva.

A súa acta de deputada provincial pasará a mans de Ana María Mejías, concelleira da área de I+D e Dinamización Administrativa no Concello de Vigo e profesora titular da Universidade de Vigo dende o 2003.