Italia será o país convidado do vindeiro Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O evento, que se celebrará entre o 6 e o 27 de marzo, terá como eixo temático o humor
Presentación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. B.L
photo_camera Presentación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. B.L

"Somos un país de retranca", sinalou a concelleira de Cultura, Carme Fouces, ao informar de que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra do ano que vén, que se celebrará entre o 6 e o 27 de marzo no Pazo da Cultura, terá como eixe temático o humor.

A concelleira, que tamén deu a coñecer que o país convidado será Italia, estivo acompañada  pola secretaria xeral da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), Ana Luna. As dúas anunciaron a convocatoria do III Premio Internacional de Ilustración do Salón, do que sae o cartel do evento.

Ata o 14 de outubro poden presentarse obras para este galardón, dotado con 3.000 euros e ao que en 2018 optaron máis dun cento de autores de 25 países.

Comentarios