Itineranta converte as rúas de Pontevedra nun conto de fantasía para todos

O festival de teatro itinerante está dividido en catro rutas -A, B, C, D- que percorren a cidade polos puntos de interese do casco antigo

Unha moa xigante, pouco apta para aprehensivos, erguíase por enriba das testas de adultos e pequenos na Avenida de Santa María. Un tipo peculiar que pouco se asemellaba aos dentistas que estamos acostumados a visitar, pedalexaba o carro sobre o que aposentaba a moa. Protagonista dalgún susto e moitas risas, o doutor Krakmhu Elah percorreu Pontevedra na busca de clientela para a súa peculiar consulta ambulante entre gargalladas, pallasadas e o relato da historia da súa vida.

Deste xeito, as 19.45 horas a compañía Troula daba comezo ao ciclo de actuacións Itineranta, nun percorrido, a ruta D, que comezaba na Avenida de Santa maría, pasando polo casino e que rematou na Praza de Curros Enríquez.

Máis longa foi a travesía dos Piratas de Cía Sin Fin. que percorreron Pontevedra en busca do tesouro -ruta B- dende Benito Corbal, até o Casino, pasando pola Peregrina, a Praza da Ferrería e Curros Enríquez. Nesta marea, que zarpaba ás 20.30 h, o Capitán Morgan, Natacha Polvorilla e Simón Patastilla, desenvainaron súas espadas e reclutaron grumetes, para conseguir atopar o ouro máis preciado.

Até dez compañías atravesan a cidade do Lérez con espectáculos temáticos

Ao solpor, unha música de violín comezaba a soar ó inicio da ruta D, de novo na Avenida de Santa María. Desta vez, un espectáculo sensorial, con marionetas xigantes e luces azuis, verdes e violetas envolveron Pontevedra cos bailes poéticos das Meninas de Yera Teatro. As imaxes vestían traxes de época semellantes aos do cadro de Velázquez do que toman nome. Os movementos e a gracia das vestiduras, asombraron certamente a máis de un.

Para finalizar a xornada, ás 22.00 horas, Animarts trouxo ós demos que non podían faltar nun espectáculo galego con Damonion. Bengalas, zancos, caretas, fogo e pirotecnia converteron a Pontevedra desde Montero Ríos, a Praza de España, Ferrería e a Peregrina -ruta A- nunha parte dun inferno moito máis ameno e amigable do que todos imaxinan. Sendo estas criaturas as encargadas de pechar a primeira xornada dunha Itineranta cargada de fantasía.

A ameaza de tuberculose anula a becerrada

A becerrada prevista para este sábado na Praza de Touros, e que serviría como aperitivo da feira taurina pontevedresa, tivo que ser anulada debido á tuberculose que ameaza estes días ao gando.

Segundo explicaron os veterinarios da Praza á Coordinadora de Peñas Taurinas, promotora do evento, se unha das vacas que ían participar chegara a dar positivo non se poderían utilizar os currais ata ser totalmente desinfectados, o que podería afectar á celebración das corridas programadas para o 13 e o 14, polo que a directiva das penas optou por evitar riscos e anular a becerrada.

Comentarios