miércoles. 03.03.2021 |
El tiempo
miércoles. 03.03.2021
El tiempo

Iván Pérez: "Apenas houbo lumes nos montes de Pontevedra, case todos conatos"

Iván Pérez, presidente da Mancomunidade de Montes de Pontevedra. DAVID FREIRE
Iván Pérez, presidente da Mancomunidade de Montes de Pontevedra. DAVID FREIRE
Menos dunha hectárea calcinada é o balance da época de alto risco de incendios forestais no municipio, que finalizará o día 30. Con todo, a Mancomunidade de Montes reclama iniciativas para a posta en valor das parcelas privadas, que é onde se orixinan a maioría dos lumes

A época de alto risco de incendios forestais rematará o 30 de outubro, aínda que esta data pode variar en función das condicións meteorolóxicas (altas temperaturas e baixas precipitacións de forma prolongada). O presidente da Mancomunidade de Montes de Pontevedra, Iván Pérez, fai balance da temporada estival.

De que xeito influíu a pandemia nos labores de prevención?
A crise sanitaria apenas influíu na normal actividade das comunidades de montes, aínda que é certo que durante o estado de alarma se pospuxeron algúns traballos de prevención de incendios. Houbo empresas especializadas non notaron o parón, e incluso non daban abasto, mentres que outras, por diferentes circunstancias, paralizaron a súa actividade nalgúns casos porque as propias comunidades fixeron un alto na súa xestión do monte. Incluso a situación impedíalles celebrar reunións.

Financiación
"Estamos a punto de desenvolver un convenio co Concello que ten un orzamento de 80.000 euros"

Como foi o balance en canto aos lumes?
Para os 14 colectivos que formamos parte da Mancomunidade de Montes foi un verán relativamente tranquilo en canto a lumes, con algunhas excepcións, na súa maioría conatos. A maioría dos incendios se produciron en terreos particulares (que representan o 60% do territorio de Galicia). As parcelas xestionadas polas comunidades de montes, aínda que mellor ou peor, polo menos están en proceso de posta en valor. É dicir, están a desenvolver os plans de ordenación e hai directivas activas que están intentando poñer en marcha iniciativas para a posta en valor do monte, mentres que no caso dos terreos particulares non hai un proceso para facer exactamente o mesmo e que permita desenvolver ese cambio necesario.

A que se refire?
A que non hai establecidas sancións que resulten efectivas para obligar aos propietarios dos terreos particulares a poñelos en valor. No ano 2018, despois do susto de 2017, houbo certas amenazas de impoñer sancións exemplares, unha iniciativa que non chegou a executarse. Agora parece que volvemos outra vez a un tempo de certa relaxajación. Por iso, desde a Mancomunidade de Montes reivindicamos a necesidade de impulsar algún proxecto para potenciar as parcelas particulares.

Preocupación
"Danos medo o que está a suceder en Cerdedo-Cotobade cunha persoa que prende lume intencionadamente"

Que plans teñen previsto desenvolver coa axuda do Concello?
Estamos a punto de desenvolver un convenio co Concello. De feito, xa figura unha cantidade dentro do presuposto municipal para o desenvolvemento de proxectos, en concreto 80.000 euros (40.000 euros para 2020 e 40.000 para 2021). Esta colaboración está pensada principalmente para as comunidades de montes que teñen unha solvencia económica moi baixa. Ademais, as axudas que concede a Consellería de Medio Rural para a elaboración de plans de ordenación non se axustan ás características desas comunidades, o que nos fai recurrir ao Concello para asinar un convenio non só pensando nos plans de ordenación senón tamén para a prevención de incendios. Para poder previr hai que ter primeiro unha ordenación, polo que temos que axudar a facer eses plans ás comunidades que non os teñen e logo deseñar un plan de emerxencias para incendios. Tamén apostaremos pola certificación da madeira que reflectaría un modelo de xestión.

Hai preocupación polos lumes que chegan de municipios veciños?
Pois sí. Nos afecta directamente o que pasa en Cerdedo-Cotobade, donde están a ter moitos problemas cunha persoa que está prendendo lume intencionadamente. Esta situación danos medo porque a maioría dos grandes lumes suelen entrar en Pontevedra.

"Un dos dous incendios que houbo xunto ao campo de tiro puxo en perigo as instalacións"

Cantos lumes houbo no municipio de Pontevedra?
Houbo lumes que se produciron en circunstancias extrañas pero por sorte todos foron conatos de incendio. En Santo André de Xeve, na entrada ao campo de tiro, plantaron lume dúas veces intencionadamente, unha delas puxo en perigo as instalacións, tendo que estar un retén varios días; en Tomeza houbo un pequeño lume en terreos particulares; en Verducido arderon 0,5 hectáreas de monte comunal e algúns terreos particulares, e en Salcedo rexistrouse un pequeño lume nunha parcela particular.

Foi un verán moi tranquilo para os montes de Pontevedra?
Parece ser que sí, pero esperemos que non pase como ocorreu en 2017, cando a estas alturas viñeron dúas semanas de calor con ventos secantes que fixo que finais de outubro tiveramos un jaleo inesperado. En todo caso, as cuadrillas de incendios contratadas pola Consellería de Medio Rural permanecerán operativas ata o 11 de novembro.

Iván Pérez: "Apenas houbo lumes nos montes de Pontevedra, case...
Comentarios
ç