jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

James Rhodes chega ao Pazo da Cultura de Pontevedra o domingo 19 de maio e completa o ciclo Voices

James Rhodes. EP
James Rhodes. EP

A confirmación do afamado pianista era a única pendente logo de ter anunciado a presencia de Luísa Sobral o 13 de abril e Lila Downs o 21 de xuño

James Rhodes chegará ao Pazo da Cultura de Pontevedra o domingo 19 de maio ás 20.30 horas logo de esgotar as entradas para as actuacións de Santiago de Compostela (1 de marzo no Auditorio de Galicia) e A Coruña (2 de marzo no Teatro Colón).

O seu nome pasa a ser a terceira confirmación de Voices e unha das máis agardadas polo carácter sorpresa da mesma, xa que en decembro comezou a venda de abonos se aínda coñecerse quen completaría xunto a Luísa Sobral (13 de abril) e Lila Downs (21 de xuño) o programa do ciclo.

Na liña do proxecto de achegar artistas que transcenden o ámbito musical, con discurso propio, comprometidos coa cultura e socialmente, subirá ao escenario do Pazo da Cultura este afamado pianista que se converteu en mediático –ademais de polo seu talento– por abanderar a protección do menor e a loita contra os abusos sexuais na infancia.

Na súa xira de 2019, onde ademais de tocar e contextualizar as obras que interpreta, o pianista británico tamén nos conta sobre o escenario, entre pezas de Bach, Chopin ou Beethoven, a historia da súa vida e de como a música lle axudou a superar os numerosos obstáculos que foi atopando no camiño.
Este mércores ás 12.00 horas comeza a venda anticipada en Ataquilla.com e a Casa da Luz a partir de 24 euros. De non esgotarse previamente, o prezo na billeteira será de 28 euros.

Tamén continúan á venda os abonos para os tres concertos do ciclo por 58 euros.

James Rhodes chega ao Pazo da Cultura de Pontevedra o domingo 19 de...
Comentarios
ç