Jane Birkin dará un concerto en Pontevedra en 2018

A intérprete francesa e Jorge Drexler son os primeiros nomes confirmados do ciclo Voices

Jane Birkin. ADP
photo_camera Jane Birkin. ADP

A cantante e actriz francesa Jane Birkin actuará no Pazo da Cultura de Pontevedra en 2018. Farao dentro do ciclo Voices, da promotora I-Radia e do Concello, que vén de confirmar a súa continuidade, tras ter traído á cidade este ano a Macy Gray e The Divine Comedy, entre outros artistas.

Ademais do recital de Birkin, o 27 de outubro, no que estará acompañada no escenario pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, tamén se confirmou outro artista para o ciclo: Jorge Drexler, que actuará o 20 de xaneiro. Voices pecharase cun terceiro concerto sorpresa.

As entradas poñeranse á venda mañá, ás 10.00, na web do Pazo da Cultura. Os prezos van dos 15 aos 28 euros. Ademais poñerase á disposición do público un abono para os tres concertos a 55 euros que dará dereito a encontros persoais con cada artista.
 

Comentarios