Martes. 18.09.2018 |
El tiempo
Martes. 18.09.2018
El tiempo

Joel Ross reúne a un grupo de 'nómadas' na Praza do Teucro

O vibracionista norteamericano Joel Ross actuou á fronte da banda 'Nomads' na Praza do Teucro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
O vibracionista norteamericano Joel Ross actuou á fronte da banda 'Nomads' na Praza do Teucro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Festival de Jazz e Blues de Pontevedra inicia este mércores os concertos de artistas internacionais na Praza da Ferrería coa única actuación que ofrecerá en España o cantante de Memphis de 76 anos Don Bryant

A banda de nómadas que se xuntou este martes na Praza do Teucro reuniuse ex profeso para o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. Á súa fronte, o norteamericano Joel Ross ao vibráfono. Segundo o coordinador dos concertos no Teucro, Luís Carballo, "Ross é un home que, a pesar da súa xuventude [ten 23 anos], está chamado a ser un referente". Xunto a el o trompetista cubano Jorge Vistel e tres dos músicos de jazz máis importantes de Galicia: Paco Charlín, ao contrabaixo, Xan Campos, ao piano Rhodes, e Naima Acuña, á batería.

Despois da súa participación no ciclo que se desenvolve no Teucro, tanto Ross como Vistel seguen moi presentes no Festival de Jazz. Este ano son os mestres do workshop que se desenvolve no Antigo Conservatorio, cada día pola mañá, con entrada de balde.

O concerto de Nomads era o último previo ás actuacións internacionais do festival pontevedrés que comezan, este mércores á noite (22.30 horas, entrada libre), na Praza da Ferrería, coa que promete ser a gran actuación da edición: a de Don Bryant. Se trata dun concerto exclusivo, xa que será o único do cantante en España.

O intérprete de rhythm and blues e compositor de Memphis de 76 anos, que estará acompañado pola banda The Bo-Keys, é autor ou coautor de temas como o I Can't Stand the Rain, que popularizou Tina Turner. "É unha figura mítica redescuberta e recuperada hai uns anos que, a pesar da súa veteranía, é a grande aposta do festival", explicou o coordinador do evento, José Antonio Ortiz, durante a presentación do mesmo aos medios.

Joel Ross reúne a un grupo de 'nómadas' na Praza do Teucro
Comentarios