Lanzan un libro pioneiro sobre a historia do Castelo de Soutomaior

A obra xa se atopa á venda en librarías de Galicia, Madrid e Barcelona
Exemplar do libro O castelo de Soutomaior. Un lugar cheo de historias. DEPUTACIÓN
photo_camera Exemplar do libro 'O Castelo de Soutomaior. Un lugar cheo de historias'. DEPUTACIÓN

A Deputación de Pontevedra e a editorial Alvarellos lanzaron un libro pioneiro sobre a historia do Castelo de Soutomaior, desde a súa orixe ata a actualidade, que xa está á venda en librarías de Galicia, Madrid e Barcelona e que pode consultarse en galego, castelán e inglés.

O Castelo de Soutomaior. Un lugar cheo de historias, do historiador e arqueólogo Diego Piay, presenta documentos, planos, fotos e imaxes inéditas e descoñecidas ata a data, e inclúe na contraportada un gravado de Carmen Babiano Méndez-Núñez.

Aínda que non é o primeiro libro sobre a historia do castelo, porque este foi escrito por María Vinyals en 1904, si se trata do único que recolle a evolución do castelo ata a actualidade e emprega todas as fontes de investigación dispoñibles na súa elaboración, apunta a deputación.

Comentarios