jueves. 15.04.2021 |
El tiempo
jueves. 15.04.2021
El tiempo

Lavado de cara do Pazo da Cultura aproveitando o parón do período estival

Entrada principal do Pazo da Cultura de Pontevedra. J.L. OUBIÑA
Entrada principal do Pazo da Cultura de Pontevedra. J.L. OUBIÑA
Traballadores municipais están restaurando as fachadas e os cristais do edificio e repoñendo os elementos deteriorados do interior

O Pazo da Cultura está sendo sometido a un proceso de acondicionamento das súas instalacións exteriores e interiores para poder acoller a nova tempada de outono en condicións óptimas. Esta serie de melloras incluirán traballos en dous ámbitos principais: o mantemento das fachadas e cristais e a reposición dos elementos danados nas estancias internas do lugar.

Carmen Fouces, concelleira de Cultura, asegura que "o Pazo da Cultura é un espazo moi utilizado por toda a cidadanía, polo que necesita estar en permanente mantemento de aspectos cotiás pero tamén precisa de grandes limpezas e melloras constantes".

O Concello de Pontevedra decide aproveitar as vacacións de verán, como meses de menor actividade, para levar a cabo estas reformas, que contan cun orzamento total de 31.114,53€.

Dunha banda, realizarase un traballo de restauración das fachadas, utilizando unha serie de mecanismos especiais como dispositivos de elevación para renovar as zonas máis altas do edificio. Ata o momento, xa se levou a cabo a limpeza da pizarra da fachada da zona da entrada e se retiraron os vinilos das cristaleiras do cubo da Sala de Exposicións. Na actualidade, se está comenzando a limpar os cristais do Auditorio dende o interior, para proseguir, nos próximos días, coa parte exterior. Neste senso, soamente quedaría o pintado da estructura metálica e do portalón de acceso.

Por outro lado, nas estancias interiores estanse repoñendo os elementos deteriorados que contan cunha función imprescindible para o funcionamento diario das instalacións. Entre eles, cabe destacar a reposición de extintores, do alumbrado e do intercambiador de aire acondicionado, a substitución das pezas en mal estado dos radiadores e algún arranxo nos baños e nos camerinos.

Por último, tamén vencellado a un mellor reacondicionamento do edificio, se levará a cabo a inspección periódica do suministro eléctrico e do centro de transformación. Esta revisión é obrigatoria para todos os locais de concorrencia pública, como é o caso de Pazo da Cultura, que acolle tanto a personal propio como persoas alleas.

Lavado de cara do Pazo da Cultura aproveitando o parón do período...
Comentarios
ç