Leilía despídese de Pontevedra cun concerto no ciclo 'Con voz de muller'

As pandereteiras deleitaron a unha abarrotada Praza da Ferrería, dentro dun ciclo que baixa o telón este domingo con Sés
Leilía, no seu concerto deste sábado en Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Leilía, no seu concerto deste sábado en Pontevedra. RAFA FARIÑA

Enfrascadas neste momento na súa xira de despedida dos escenarios, Vidas cantadas, tras máis de tres décadas de traxectoria, as pandereteiras Leilía, pioneiras na recuperación da música tradicional feminina galega, ofreceron este sábado un concerto en Pontevedra.

A actuación tivo lugar dentro do ciclo Con voz de muller, que forma parte da programación de verán do Concello e que reivindica a presenza de mulleres artistas enriba do escenario.

Estes concertos comezaron o xoves 3 de agosto con Fillas de Cassandra e continuaron ao día seguinte con A banda da Loba, que presentou o seu último disco Xabón Lagarta.

A última actuación, este domingo á noite (22.30 horas), será a de Sés, con entrada gratuíta para os asistentes.

Público asistente ao concerto de Leilía na Praza da Ferrería. RAFA FARIÑA
Público asistente ao concerto de Leilía na Praza da Ferrería. RAFA FARIÑA

Comentarios