Leiva e Iván Ferreiro actuarán en Pontevedra o 23 de agosto

A promotora Esmerarte anuncia por sorpresa este dobre concerto, que servirá para quentar motores de cara ao Río Verbena Fest
Leiva e Iván Ferreiro. DP
photo_camera Leiva e Iván Ferreiro. DP

Leiva e Iván Ferreiro, dous dos nomes máis importates e influíntes do pop rock estatal das últimas décadas, compartirán escenario este verán en Pontevedra. Vén de anuncialo por sorpresa a promotora Esmerarte, que informa de que os artistas actuarán o 23 de agosto na explanada do Recinto Feiral.

Segundo informou a promotora, o concerto de Iván Ferreiro arrincará ás 21.00 horas, mentres que Leiva tocará ás 23.30.

A actuación dos dous artistas servirá para quentar motores de cara ao Río Verbena Fest, o festival que tamén promove Esmerarte nese mesmo espazo de Pontevedra os días 25 e 26 de agosto cun cartel que inclúe a Vetusta Morla e Xoel López.

As entradas para o concerto de Leiva e Iván Ferreiro sairán á venda o venres 11 de agosto, ás 12.00 horas, na web de Esmerarte.