Oito librarías instalarán o xoves postos de venda e espazos de lectura na Peregrina

Esta actividade, que busca visibilizar o libro escrito en galego e pór en valor as librarías da cidade, terá lugar en horario de 11.30 a 14.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas

Presentación das actividades dos libreiros para o 17 de maio. ANDREA COLLAZO
photo_camera Presentación das actividades dos libreiros para o 17 de maio. ANDREA COLLAZO

Un total de oito librarías instalarán este 17 de maio, Día das Letras Galegas, postos de venda e espazos de lectura na Praza da Peregrina de Pontevedra no marco da iniciativa Os libros galegos saen a rúa organizada polo Concello. Esta actividade, que busca visibilizar o libro escrito en galego e pór en valor as librarías da cidade, terá lugar en horario de 11.30 a 14.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas.

Os establecementos participantes son Avións de Papel, D-Lectum, O Pobo, Escolma, Espazo Lector Nobel, A Nube de Papel, Paz e Seijas. 
O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou este martes en rolda de prensa esta actividade que enmarcou no paraugas da Festa do Libro, que terá lugar na cidade os próximos 22, 23 e 24 de xuño. 

Unha programación que tivo unha primeira cita o pasado 23 de abril, xornada na que cando as librarías abriron as portas a un amplo abanico de citas culturais que incluíron presentacións de obras literarias, contacontos ou encontros con autores, entre outras iniciativas. Desde hai un ano o Concello de Pontevedra optou por prescindir da Feira do Libro Antigo e de Ocasión no formato organizada pola Federación de Libreiros e a Xunta de Galicia e promover outro tipo de formatos alternativos. 
 

Comentarios