Liderazgo feminino nun novo vídeo de Santa Clara

Publicado o segundo episodio dos vídeos do Semanario de Escavacións sobre o estudo arqueolóxico e históricoartístico que se está a realizar no convento
Parte do material que amosa o vídeo. DP
photo_camera Parte do material que amosa o vídeo. DP

O Museo de Pontevedra vén de facer público o segundo episodio dos vídeos do Semanario de Escavacións sobre o estudo arqueolóxico e históricoartístico que se está a realizar no convento de Santa Clara. Nesta segunda peza o coordinador do apartado histórico-artístico, Suso Vila, explica o protagonismo feminino que se desprende do estudo da documentación, e a restauradora da intervención, Aldara Rico Rey, fala do procesado dos materiais recollidos nas escavacións, principalmente cerámica (séculos XV a XVIII), alfinetes ou restos óseos. 

Segundo Vila, o protagonismo é feminino, tanto dentro dos edificios da clausura, como fóra del, en toda a cidade de Pontevedra. En concreto, o historiador revela que ao longo de máis de 700 anos de historia houbo personaxes destacables como a fundadora Leonor Rodríguez; Leonor de Montenegro, quen promocionou o retablo maior; ou Sor María de San Antonio, quen participa na construción da sillería do coro.

Comentarios