domingo. 09.05.2021 |
El tiempo
domingo. 09.05.2021
El tiempo

A Livraria Lello de Oporto faille sitio ao Salón do Libro de Pontevedra

O lobo Orbil coa concelleira Carme Fouces na Livraria Lello. B. LÓPEZ
O lobo Orbil coa concelleira Carme Fouces na Livraria Lello. B. LÓPEZ

Unha delegación do evento, encabezada pola súa mascota, o lobo Orbil, presenta en Portugal a próxima edición da proposta, que contará coa literatura lusófona como convidada. "Hai un idioma inmenso común esperando, necesitamos que os nenos o sepan", di Carme Fouces

Orbil paseou este venres pola Livraría Lello. Unha das librerías de máis sona do mundo, sempre nas listaxes das máis fermosas (The Guardian, Lonely Planet, CNN...), considerada inspiradora dalgúns dos escenarios da saga literaria de J. K. Rowling protagonizada por Harry Potter, un dos lugares de Oporto (Portugal) que resulta imposible fotografar sen colas agardando para poder acceder ao seu interior (a pesar de cobrar entrada), fíxolle este venres un sitio a Pontevedra. Na aposta pola internacionalización que desenvolve o equipo que está detrás do Salón do Libro Infantil e Xuvenil da cidade dende hai dous anos e que se probou con México na última edición, o evento, coa súa mascota, o lobo Orbil (a palabra libro ao revés) á fronte, desembarcou neste espazo referencial para presentar a súa XX edición, que se celebrará do 22 de marzo ao 12 de abril e que terá á literatura lusófona como convidada. O lema baixo o que se desenvolverá a programación, A revolución.

Presentación do Salón do Libro en Oporto. B. LÓPEZ

O Espaço Vozes Vivas da librería portuguesa acolleu un acto de presentación no que participaron a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces; a ilustradora Mafalda Milhões (que será a comisaria da gran exposición que se montará no Museo de Pontevedra dentro da programación do Salón), a contadora Andrea Bayer (Baobab) e a mascota do evento. O obxectivo: chamar a atención e tender pontes á literatura convidada, tanto aos autores e ilustradores como ás editoriais e institucións pasando polos mediadores.

"Hai todo un idioma inmenso común esperando, necesitamos que os nenos o sepan", dixo Fouces. "Queremos que a lusofonía inunde Pontevedra. Queremos tender unha ponte".

Pola última edición do Salón do Libro de Pontevedra, celebrada a pasada primavera, pasaron 30.000 visitantes.

A Livraria Lello de Oporto faille sitio ao Salón do Libro de...
Comentarios
ç