O Local de Música transforma os 15 Bolos no proxecto 'Son da Serea'

A iniciativa combina un apartado formativo con actuacións en vivo de bandas locais no mes de xullo na Praza do Teucro

local de musica-jcervera-076
photo_camera O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, xunto aos responsables do Local de Música. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Desaparece o festival 15 Bolos da programación do Concello e nace o proxecto Son da Serea. O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, e os responsables do Local de Música, o espazo municipal que empregan grupos da cidade para ensaiar, presentaron esta nova iniciativa como "un espazo de formación continua ás bandas da cidade para dirixilas cara o negocio musical".

Así, Son da Serea incluirá unplan de formación e un ciclo de concertos. As xornadas formativas veñen desenvolvéndose dende o mes de abril con responsables de distintas salas de concertos. O 11 de xuño, Ánxela Baltar, do grupo Bala, falará de Como facer que un grupo funcione. E, finalmente, o 25 de xuño haberá unha mesa redonda con grupos e axentes de Pontevedra. Entre o 11 de xuño e o 15 de xullo levarase adiante un traballo de mentoring.

A festa final terá lugar os días 23 e 24 de xullo na Praza do Teucro, Alí tocarán Los Puta Mierda, Kaootik, Fondo Norte, Brutal, Frank?, Skril, Patricle e Onion Smile. O acceso ás actuacións será libre e gratuíto.

...Axenda 🗓
Serán de tralla - 22 de xuño. Local de Música. Festival fin de curso para os grupos que empregan este espazo municipal. Actúan Hidden Hate, Waterproof, Ciclogéneris, Doctor Animal, Krazzi e Essa Galera.

Son da Serea - 23 e 24 de xullo. Praza do Teucro. Antigos 15 Bolos. Primeira xornada: Los Puta Mierda, Kaootik, Fondo Norte e Brutal. Segunda xornada: Frank?, Skril, Patricle e Onion Smile. 

Festas da Peregrina - 11 de agosto. Praza de España. Glitter & Litter actúan como teloneiros de Rosendo.

Comentarios