Longas colas na estación para adquirir os abonos de Renfe que oferta viaxes gratuítas

Comezou a retirada de tíquets cos que os usuarios pode trasladarse sen custo ata o 31 de decembro  O Goberno intenta impulsar o transporte público con esta proposta e reducir o uso de coches privados
Xente facendo cola para adquirir o abono gratuíto. BEA CÍSCAR
photo_camera Xente facendo cola para adquirir o abono gratuíto. BEA CÍSCAR

A estación de tren de Pontevedra rexistrou  longas colas de usuarios que acudiron a recoller os abonos que ofertan viaxes gratuítas.

E é que co remate do mes de agosto comezan as preparacións para o vindeiro curso. Neste proceso, tanto estudantes coma traballadores atópanse coa inquedanza de coñecer como se van a trasladar nos próximos meses co remate da época estival e, grazas á proposta que fixo a principios deste mes o Renfe, -onde cun abono poden percorrer Galicia case de forma gratuíta- os viaxeiros ven solucionado o gasto de gasolina ou da compra constante de billetes. "Yo trabajo en Vigo y cogiendo el abono me ahorro el gasto de gasolina", indicou unha das viaxeiras, Olga López, que agardaba nunha das colas de retirada do tíquet este mércores pola mañá.

Cola en la estación de Pontevedra. BEA CÍSCAR
Cola na estación de Pontevedra. BEA CÍSCAR

A histeria chegou ás portas da devandita estación e colas que encheron a sala de espera fixeron a mañá algo máis estresante do habitual para os operarios da rede nacional ferroviaria. "A estación está colapsada de gente. Parece que se van a acabar los abonos hoy y se pueden adquirir hasta diciembre", explicou una operaria.

A avalancha de usuarios vén dada porque co pago dos 20 euros de fianza para adquirir este pase, a xente ten de forma gratuíta, entre dúas estacións de preferencia, as viaxes que queiran durante catro meses. "A la larga ahorras más. Creo que son diez euros el billete ir a Santiago y con ida y vuelta gastas muchísimo más que poniendo la fianza que vale el abono", contou outra usuaria, Noa Casal.

Os requisitos para recibir este abono son sinxelos. Os viaxeiros en Cercanías, Media Distancia ou Rodalies poden adquirir estes abonos dende a páxina web da compañía ou nas estacións ata o 31 de decembro. No caso de viaxeiros de Avant ou AVE poden adquirir un 50% de desconto -sempre e cando o tempo de viaxe sexa menos de cen minutos- e pódense adquirir a partir do 1 de setembro.

Todo isto ten como motivación dar facilidades e facer fronte á alza dos prezos como consecuencia da guerra de Ucrania e fomentar o transporte público, o que favorecerá a disminuír a pegada de carbono e a dependencia enerxética que xa propuxeron dende a Comisión Europea como obxectivo de futuro.

Comentarios