Lores adquire o seu primeiro cupón da Once na volta dos vendedores

Máis de 200 traballadores da provincia de Pontevedra retoman a súa actividade tras a crise do coronavirus

 

Miguel Anxo Fernández Lores, no posto de venda da rúa Michelena. DAVID FREIRE
photo_camera Miguel Anxo Fernández Lores, no posto de venda da rúa Michelena. DAVID FREIRE

Preto de 19.000 vendedores da Once en España retomaron a súa actividade este luns tras a crise sanitaria provocada polo coronavirus. Na provincia de Pontevedra, son 230 os traballadores que a partir de agora poderán vender novamente os cupóns e demáis productos de xogo, mentres que a cifra de profesionais total en Galicia sitúase nuns 700.

O alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, foi unha das persoas que estrearon esta volta coa compra dun cupón no punto de venda situado na rúa Michelena, fronte á sede municipal do Concello.

O vendedor Ramón Bertolo foi o encargado de atender ao rexedor, quen tamén departiu brevemente co director da Once en Pontevedra, Eloy Hermelo.

Comentarios