sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

Lores, sobre Ence: "Quen puxo en perigo os postos de traballo foi o PP"

El alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. GONZALO GARCÍA
Miguel Anxo Fernández Lores. GONZALO GARCÍA
O alcalde cre que os operarios da fábrica de Lourizán "disparan mal" as súas protestas

"No ano 2021 as tendenciais mundiais diríxense a respectar o medio ambiente". Con afirmacións coma esta o alcalde de Pontevedra amosaba na mañá deste luns a súa satisfacción ante a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga a Ence.

Miguel Anxo Fernández Lores criticou tamén o papel da empresa, da Xunta de Galicia e do Partido Popular que "perderon moitos anos para buscar unha solución, unha ubicación alternativa, que as ten que haber".

Neste sentido, asegurou que os traballadores que sitúan ao Concello na diana das súas protestas "disparan mal": "Quen puxo en perigo os postos de traballo foi o PP co seu cambalache xudicial". Ademais, indicou que os responsables do comité de fábrica xa dixeran na mesa convocada polo Ministerio de Transición Ecolóxica que se non poden seguir traballando en Lourizán cómpre buscar unha ubicación alternativa.

Lores falou tamén dos "mecanismos de presión" empregados por Ence, como incluír no consello de Administración a ex cargos públicos do PP ou intentar cambiar a Lei de Costas. "Non pode existir o dereito de pernada industrial", explicou o alcalde, que animou á empresa a "poñerse as pilas" e facer investimentos para cambiar a súa ubicación.

Lores, sobre Ence: "Quen puxo en perigo os postos de traballo foi o...
Comentarios
ç