viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Lores pídelle á Xunta que actúe tras o informe sobre a presenza de mercurio na ría

Imaxe da planta de Elnosa en Lourizán. M.B.
Imaxe da planta de Elnosa en Lourizán. M.B.
O alcalde asegura estar "moi preocupado" ante as medicións feitas públicas nun informe de Ence en relación co desmantelamento de Elnosa

O Concello de Pontevedra remitiralle un escrito á Xunta de Galicia, concretamente á Consellaría de Medio Ambiente, para esixirlle que tome as medidas pertinentes sobre a contaminación por mercurio en aguas subterráneas que denuncia Ence nun informe que lle fixo chegar á Adminsitración autonómica.

Tras facerse público este informe en elDiario.es, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou estar "moi preocupado porque estamos a falar de saúde e de contaminación grave e imos exixir que se tomen as medidas pertinentes, porque quen ten competencias sobre o seguimento da descontaminación e sobre o desmantelamento de Elnosa é directamente a Consellaría de Medio Ambiente".

No informe que Ence remite á Xunta notifica que os datos de contaminación de medicións de mercurio en augas subterráneas no espazo ocupado pola factoría sobrepasan a normativa legal europea e que estas medicións se están realizando no marco do proceso de desmantelamento e descontaminación de Elnosa.

Atendendo a estes datos, Lores asegurou que "a Administración competente debe tomar as medidas que garantan a saúde dos traballadores da fábrica, a dos mariscadores e a de toda a poboación", ao tempo que engadiu que "o que realmente nos ten moi preocupados e se esa medición que se fixo en Ence se fixo tamén nas bolsas de decantanción, se está facendo na ría, e se iso está producindo unha filtración á cadea trófica".

Neste sentido, o alcalde asegurou que "con motivo dos traballos de descontaminación en Elnosa puxeron os medidores e detectouse a contaminación, pero iso non é de agora, eu estou convencido que estas filtracións non son do proceso de desmantelamento senón de hai tempo".

Lores pídelle á Xunta que actúe tras o informe sobre a presenza de...
ç