Lores presenta en Fitur o Multisport xunto ás máximas autoridades deportivas

A capital pontevedresa acollerá o evento deportivo do 27 de abril ao 5 de maio ► O público puido ver por vez primera institucional da cita, que se editará tamén en galego e inglés

Marta Míguez, Carmela Silva, Lete Lasa, Fenández Lores y Nava Castro, este jueves en Fitur, con deportistas. DP
photo_camera Marta Míguez, Carmela Silva, Lete Lasa, Fenández Lores y Nava Castro, este jueves en Fitur, con deportistas. DP

"No triatlón necesitamos dúas cousas: deportistas e capacidade organizativa. Esas dúas dúas cousas achégannolas Pontevedra e Galiza”. Foron palabras de Marisol Casado, presidenta da ITU, a Federación Internacional de Triatlón, na presentación do Multisport Pontevedra 2019, no stand galego de Fitur, que terá lugar entre o 27 de abril e o 5 de maio na cidade. Alí, o público puido ver por primeira vez o vídeo institucional da cita, que se editará tamén en galego e inglés.

O evento estivo presidido polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e interviñeron os máximos responsables de deportes do estado, José Ramón Lete e da Xunta, Marta Míguez, así como a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o presidente da Federación Española de Triatlón, José Hidalgo e a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro.

Silva a Lores: Vas petala

Lores fixo referencia ao uso do espazo público por parte das urbes e incidiu na necesidade de diseñar cidades menos "agresivas" e "violentas" que aposten por rúas prazas que" a xente disfrute". Ademais, felicitouse por ver neste acto "unha alta representación de todas as entidades públicas relacionadas co deporte, así como os máximos responsables do triatlón mundial e español". De feito, Ana Pastor, achegouse a saudalo para desexarlle “éxitos no evento”.

Tamén a presidenta da Deputación, Carmela Silva, lle mostrou o seu apoio cun "vas petala" porque "ao promover o deporte, estamos axudando a construír mellores persoas; xa Pontevedra é unha cidade recuperada para as persoas, pero con eventos como este converten a vila nun auténtico exitazo". Nesta liña, Nava Castro, directora da Axencia Galega de Turismo, puxo o foco na pegada cultural e o carácter peonil da cidade como dous dos seus máximos valores.

Marisol Casado referiuse á importancia que para a ITU ten unir os conceptos de deporte e turismo

Pola súa banda, Marisol Casado referiuse á importancia que para a ITU ten unir os conceptos de deporte e turismo, porque con eles nacen novas oportunidades de celebración e vitalidade, "non podemos limitarnos ao deporte de elite absoluto, polo que eventos coma este son imprescindibles para que cada vez máis xente participe e goce".

Tras citar a Vicente Risco coa súa famosa "Galiza é un mundo enteiro", o secretario español de Deportes, José Ramón Lete Lasa, reivindicou a riqueza do fútbol máis alá do fútbol e Marta Míguez, representante da Xunta, falou da enorme experiencia de Pontevedra para organizar este tipo de eventos.

A propia existencia do CGTD na Boa Bila foi tamén relacionada coa longa relación que ten a cidade co triatlón.