Lores solicita su séptima entrevista con Feijóo para resolver "temas pendentes"

El alcalde de Pontevedra reclama nuevos acuerdos para el Gran Montecelo y relanzar proyectos como el dragado del Lérez, la variante de Alba o la mejora de la seguridad vial en la carretera de Vilagarcía
Javi Xunta en Campolongo. Reunión de Lores con Feijoo.
photo_camera Imaxe de arquivo dunha xuntanza entre Lores e Feijóo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Miguel Anxo Fernández Lores quere manter un encontro con Alberto Núñez Feijóo, que acaba de conseguir a súa cuarta maioría absoluta consecutiva nas eleccións galegas do pasado domingo. O alcalde de Pontevedra solicitará o seu sétimo cara a cara co presidente da Xunta co obxectivo de resolver "temas pendentes" e relanzar obras e proxectos que se quedaron no caixón. "Nos últimos tres mandatos soliciteille unha entrevista para repasar cuestións pendentes, que son moitas e moi importantes", afirmou.

O rexedor do BNG reclama novos acordos para o Gran Montecelo, que está en fase de contratación, e volverá pór encima da mesa asuntos como o dragado do Lérez ou a mellora da seguridade viaria na estrada de Vilagarcía, que o luns foi escenario dun accidente mortal. O obxectivo é que se tomen medidas para reducir os sinistros na PO-531.

Na axenda do nacionalista tamén figura a variante de Alba, unha obra que está en fase de hibernación despois de que o Goberno galego cuestionásese a idoneidade do seu propio trazado como consecuencia do rexeitamento veciñal que suscitara. Tras analizar dez alternativas distintas, a Consellería de Infraesturturas optou por abrir un viario entre Campañó e Lérez para conectar as estradas de Vilagarcía (PO-531) e Santiago (N-550).

O proxecto, valorado en máis de 8,2 millóns de euros, mantén unha partida simbólica de 500.000 euros nos Orzamentos autonómicos de 2020. "Aí plantexábanse dous carrís de ida e volta e nós pediamos só un. Volveremos retomar ou asunto", dixo Lores, que tamén reivindica unha solución definitiva para a falta de calado na canle de navegación do Lérez. "É imprescindible", apuntou sobre o proxecto de dragado, sobre o que empezou a traballarse en 2009 e aínda non viu a luz.

OUTROS ASUNTOS. Na relación da materias pendentes o alcalde obviou o pasado martes algunhas como o saneamento da ría. Aínda que os traballos de mellora da depuradora dos Praceres están en marcha, o Concello rexeita a futura ampliación que proxecta a Xunta. Entende que a aposta debe ser por construír pequenas estacións de tratamento de augas residuais e non por incrementar o tamaño da de Lourizán.

Outro dos asuntos que xera fricción entre ambas as institucións é o novo emisario submarino, cuxo contrato xa está adxudicado. A súa construción deixaría á actual tubaxe en mans de Ence, unha posibilidade que Pontevedra rexeita frontalmente.

A implantación total do transporte metropolitano, o futuro pavillón de ximnasia da Parda, a ampliación do CIFP Carlos Oroza ou a reapertura da sede da a CRTVG son outros asuntos reclamados na capital provincial. Tamén o é o apoio ao plan de compostaxe pontevedresa, que o PP local cuestiona e que a empresa pública Sogama asumiu para reciclar o lixo orgánico e reducir os índices de contaminación.

LA RELACIÓN INSTITUCIONAL

"Hai unha colaboración razoable, que xa foi peor e mellor a causa das eleccións"
  

El alcalde se puso ayer en contacto con Feijóo "para felicitalo" por la victoria electoral del 12-J. "A ver se me felicita el a min", dijo con retranca para referirse al resultado histórico del BNG en los comicios gallegos, que sitúan a la formación nacionalista como principal partido de la oposición en Galicia. Al mediodía, el contacto entre Miguel Anxo Fernández Lores y el presidente de la Xunta aún no se había producido. "Díxome que estaba reunido e que me chamaría", afirmó el líder del Bloque a la prensa, a la que recordó la relación institucional entre el Gobierno gallego y el Concello: "Hai unha colaboración razoable, que xa foi peor e mellor a causa das eleccións. As épocas electorais non son favorables".

Primeira reunión do mandato entre Lores e Feijóo en xullo de 2019. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Imaxe de arquivo dunha reunión entre Lores e Feijóo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Ambas administraciones mantienen una guerra fría en algunos proyectos y obras, aunque la beligerancia entre Pontevedra y Monte Pío se ha reducido de forma notable en los últimos años. El punto de inflexión se produjo en julio de 2015 en un encuentro entre los dos mandatarios. La reunión se producía después de que Lores se quedase a un concejal de la mayoría absoluta en las elecciones municipales celebradas dos meses antes. El alcalde y el presidente autonómico sellaron la foto con un apretón de manos y un acuerdo para saldar la deuda que el Concello arrastraba con Sogama. De aquel encuentro salieron adelante otros proyectos, como el nuevo edificio judicial de A Parda y la variante de Alba, ahora paralizada. El resto de vis a vis entre Lores y Feijóo se produjeron en 2009, 2011, 2017, 2018 y 2019.

Comentarios