Lourizán disporá de novo centro social

O alcalde visitou este xoves os traballos de reforma do antigo Mercado de Abastos de Estribela, que habilitará 670 metros cadrados para usos veciñais

Lores visita as obras do novo centro social de Lourizán. CHRISTIAN
photo_camera Lores visita as obras do novo centro social de Lourizán. CHRISTIAN

O novo Centro social de Lourizán, situado no casco de Estribela estará rematado ao longo do mes de febreiro, tal e como anunciou esta mañá de xoves o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, durante a visita que fixo ao que era o antigo mercado de Estribela. 

“Sorprendeume agradablemente” asegurou o alcalde quen afirmou que “nos gusta que todas as parroquias e os núcleos máis importantes teñan local social, porque son os lugares nos que se fai a cohesión social, onde a xente se reúne, convive, discute…”. 

O de Lourizán será un dos máis grandes centros sociais que o Concello de Pontevedra ten repartidos por barrios e parroquias. Terá unha superficie de 672 metros cadrados construídos, necesaria para albergar as múltiples actividades que se programan a parroquia máis poboada do municipio.

Comentarios